Quiroga acollerá mañá sábado 18 de agosto a V Festa Castrexo Romana,
o Qui-Roma.
Este
ano contarase de novo coa "II Ruta de
Cabalos Qui-roma", organizada polos Cabaleiros do Val, que comezará ás dez
da mañá. Ás once abrirase o mercado Qui-romano. A partir das once e media comezarán
os desfiles a cargo da Garda romana
Lucus Equites e dos castrexos
Wyrdamur pola rúa Real. As doce en punto
do mediodía dará comezo unha alborada a cargo dos gaiteiros romanos Os Palletas
na Praza Maior.
Como todos
os anos haberá paseos en burro para os nenos e nenas ao longo de toda a mañá e tamén se contará con
demostracións artesanais en coiro.
Pola tarde haberá escola de gladiadores para os
máis pequenos con loitas e xogos tantos infantís como para adultos.
Sobre as seis dará comezo
unha gran batucada a cargo de XITUME de Xinzo de Limia que animarán o V
Qui-Roma.
As oito e media está
previsto o desfile Quiromano a cargo de ARDE LOUCOS ao longo de toda a rúa Real
e o seu remate a loita de gladiadores. E tras a cea-castrexo-romana, sobre as
once e media dará comezo un espectáculo nocturno a cargo de Wyrdamur chegados
dende Murcia. Unha vez que rematen comezará a festa animada pola Disco-móvil
FABRIK.
No hay comentarios:
Publicar un comentario