20 abr 2010

O REXEDOR LOCAL FALOU DA NOVA TRAIDA DE AUGA NO PROGRAMA AUDIENCIA PÚBLICA

A Xunta de Goberno Municipal aprobou o pasado venres a adxudicación provisional das obras de mellora da estación de tratamento da auga a Quiroga.

O rexedor local, Julio Alvarez, falaba no programa Audiencia Pública da última fase do proxecto da nova traída de auga que está prácticamente rematada.

16 abr 2010

A ALCALDÍA DO CONCELLO DE QUIROGA NON PERMITIRÁ QUE EMPRESAS FORÁNEAS EMPREGUEN O NOME "ACEITE DE QUIROGA" PARA PROMOVER O SEU PRODUCTO.

O alcalde de Quiroga Julio Álvarez Núñez, fronte a aparición de novas relacionadas coa promoción do aceite de Quiroga en varios medios de comunicación, recorda que o Concello de Quiroga é o titular oficial da marca rexistrada na Oficina Española de Patentes e Marcas: “Aceite de Quiroga” Marca 2.853.640, o que lle confire ao seu titular o dereito exclusivo para a súa utilización no tráfico económico e afecta ás seguintes clases:
.16.-Publicacións; papel, cartón e artigos destes materiais non comprendidos noutras clases; productos de imprenta, artigos de encadernación; fotografías; papelería; adhesivos (colas) para a papelería ou a casa; materiais para artistas; pinceis.
.29.-Aceite de Quiroga.
.35.-Publicidade; xestión de negocios comerciais; administración comercial; traballos de oficina; servizos de venta menor e maior en comercios e a través de redes mundiais da información de productos alimenticios, aceites e graxas comestibles, aceite de quiroga; organización de feiras e exposicións con fins comerciais ou publicitarios.
.41.-Servizos de educación; formación; esparexemento; activades deportivas e culturais; organización e dirección de espectáculos, concursos, competicións, coloquios, conferencias, congresos, seminarios, simposiums, obradoiros de formación.

Segundo hai constancia existe algunha empresa que está a utilizar o reclamo do nome “aceite de Quiroga” para promover e vender a súa propia marca sen contar coa autorización do titular. De persistir na súa utilización indebida o Concello de Quiroga estudiará a posibilidade de emprender as accións legais que considere oportunas derivadas dos dereitos que lle confire a concesión da titularidade da marca mencionada con anterioridade.

Dende o Concello de Quiroga trabállase na actualidade na elaboración e aprobación por parte do Pleno da Corporación Municipal dun regulamento da marca “Aceite de Quiroga” onde se define a procedencia xeográfica e os parámetros que ten que cumprir o aceite para poder etiquetarse, promoverse e venderse como “Aceite de Quiroga”.

Neste sentido o Concello de Quiroga advirte aos consumidores e posibles consumidores de que poden existir no mercado aceites con outras marcas, promovidos como se fosen de Quiroga e que nada teñen que ver, en canto as características e a procedencia do producto, co que se fai dende sempre nas terras de Quiroga.

15 abr 2010

O CENTRO SOCIAL ORGANIZA UN OBRADOIRO DE PLANTAS MEDICINAIS

O Centro Social para a Terceira Idade abre hoxe mesmo o prazo para apuntarse o obradoiro de “Herbas e plantas máxicas”, enmarcado dentro do obradoiro de Memoria Social.

O nome de herbas e plantas máxicas acolle un obradoiro adicado as plantas medicinais, cunha parte teórica e outra práctica. A parte teórica engloba proxeccións de videos sobre plantas medicinais, a entrega de material didáctico sobre as plantas medicinais, a súa clasificación farmacolóxica e as súas aplicacións; así como unhas nocións básicas sobre o desenvolvemento do obradoiro.

A parte práctica do mesmo inclue a identificación e elaboración dunha guía persoal de plantas medicinais recollidas no entorno; a elaboración dun herbario medicinal e a identificación de plantas tóxicas e alucinóxenas.

Os socios que participen nesta actividade gratuita, recibirán como agasallo unha guía de plantas medicinais.



14 abr 2010

JIMMY JIMÉNEZ ARNAU ELOXIA QUIROGA NA NORIA DE TELE5

O xornalista e escritor Jimmy Jiménez Arnau, pregoneiro da XXVIII Feira do Viño de Quiroga foi un dos pregoneiros que máis se deixou ver polo recinto feiral durante toda a fin de semana. Este sábado puidemolo ver no programa no que traballa actualmente, La Noria, de tele5, onde eloxiou ó noso municipio referíndose a él como un dos lugares máis bonitos de España.

A pesar do mal carácter que amosa habitualmente, Jimmy Jiménez, atendeu moi amablemente as cámaras da Televisión Municipal de Quiroga na súa estancia na nosa vila, onde nos confesou que ese mal carácter era soamente por esixencias do guión.

9 abr 2010

REMATADO O ACCESO O TUNEL ROMANO DE MONTEFURADO

O rexedor local, Julio Alvarez, acompañado do concelleiro Angel Rodríguez, achegouse ata o Túnel Romano de Montefurado, onde se construiu un novo acceso para contemplar a boca de entrada do túnel.

Este novo acceso, que parte da estrada local entre Montefurado e Covallos, substitúe ó desaparecido por mor das obras de ampliación e reforma da estrada N-120 na que se realizou unha ampliación da vía cun novo carril que ocupou parcialmente o aparcamento e o camiño de acceso que conducía ata o punto de observación que fora acondicionado polo Concello de Quiroga.

Este novo acceso construiuse cunha rampla en forma de z para salvar un desnivel de 20 m, ademais leva no seu tramo final varios chanzos de madeira e pedra xa que é a zona de máis inclinación e unha varanda de madeira tratada para maior seguridade dos usuarios.

Dende este punto o visitante pode achegarse ata a mesma boca de entrada do Túnel Romano, obter información nun panel interpretativo e coñecer a denominada Ruta do Ouro que permite aproximarse a outras explotacións auríferas quiroguesas emprazadas nas súas inmediacións.

Nesta obra de mellora do acceso a boca de entrada do Túnel romano de Montefurado, tamén se substituiu o pasamáns de madeira tratada que rodea todo o perímetro da área xa que o existente desapareceu como consecuencia das enchentes do río Sil.

Con esta actuación recupérase a posibilidade de contemplar esta impresionante obra de enxeñería romana dende o punto por onde entra o río Sil na montaña, complementando o miradoiro que tamén se está construíndo na estrada de Montefurado á Enciñeira que permite a contemplación da boca de saída do Túnel.


6 abr 2010

EXITO TOTAL DA XXVIII FEIRA DO VIÑO

Quiroga acolleu esta fin de semana a vixésimo oitava Feira do Viño, cun amplo abano de actividades e cunha afluencia masiva.

O sábado ás seis e media da tarde inaugurábase o recinto feiral, aínda que as casetas xa estaban abertas dende a mañá.

Media hora máis tarde os actos trasladábanse ata o auditorio municipal onde a Coral Polifónica de Quiroga sería a primeira en actuar.
Tras a actuación da Coral, o rexedor local, o pregoneiro deste ano e o director xeral do Progreso facían entrega dos premios do certame Cartas de Amor Vila de Quiroga.

O grupo de Danzas San Martiño acompañado pola Banda de Gaitas serían os últimos en acturar neste certame.

As oito e media comenzaba no recinto feiral o pregón. O rexedor local, Julio Alvarez, encargase persoalmente dos pregoeiros da feira do viño, nunha aposta clara por caras coñecidos da televisión, nesta ocasión foi o xornalista e escritor Jimmy Jiménez Arnau. No seu pregón non faltaron as alusións a todo o traballo necesario para disfrutar do viño de Quiroga. A pesar de que nese momento a choiva caía intensamente a Praza de España acollía a centos de persoas que se manterían alí ata preto da medianoite.

O domingo ás doce da mediodía o público congregábase ó redor da representación dun fiadeiro, onde se podía ver o cardado, o fiado e o tecido da lá de xeito artesanal. Con esta exhibición o concello sacou á rúa os oficios tradicionais que están representados no Museo Etnográfico. Cinco colaboradoras do Museo foron as encargadas de recrear o proceso do cardado da la, o fiado de tres formas distintas: cun fuso tradicional de man, cunha roca e cun fuso de pedal; o torcido da la e finalmente a calceta, nesta ocasión calcetando uns calcetíns.

O domingo tamén viamos no recinto feiral a varias autoridades políticas. A delegada territorial, Raquel Arias, o presidente do PP na provincia de Lugo, Xosé Manuel Barreiro, deputados autonómicos e alcaldes, acompañaron ó equipo de goberno municipal na súa visita ás casetas.

Segundo os organizadores da Feira ésta foi unha das máis concorridas dos últimos anos, a pesar de que o sábado o tempo non acompañou. Os once colleiteiros desta edición puxeron a venda centos de litros de viño branco e tinto, que os numerosos visitantes non dubidaron en probar.


1 abr 2010

CARREIRA POPULAR FEIRA DO VIÑO

A área de deportes do concello de Quiroga organizou para mañá pola tarde a Carreira Popular como preludio dos actos organizados para a Feira do Viño.

A carreira comenzará ás cinco da tarde e terá tanto a súa saída como a súa meta diante da casa consistorial.

Ás cinco da tarde comenzará a carreira na categoría de Pitufos, os nados no 2005 e posteriores, cun recorrido de 100 metros (ata o bar cine). Quince minutos máis tarde sairán os Prebenxamíns e os Benxamíns, os nados entre no 2003 e 2004 e no 2001 e 2002, cun percorrido de 500 metros, é decir unha volta ata a Praza de España.

Cinco minutos máis tarde participarán os nados nos anos 1999-2000, a categoría Alevín cun recorrido de 1.000 metros – 1 volta ó bar Zorro. A continuación farano os da categoría Infantil e Cadete, é decir, os nados nos anos 1997 e 1998; e no 1995 e 1996, cun recorrido de 2.000 metros, ata as piscinas municipais e volta a meta.

Ás cinco e media comenzará a Proba Absoluta, cun recorrido de 9.400 metros; e que emprende as categoría de Xuvenil, Senior e Veteranos; tanto en masculino como en femenino.

Na modalidade de Canicross haberá unha única categoría que sairá ás seis e media, cun percorrido de 5 KM .

Haberá trofeos e medallas para os tres primeiros de cada categoría tanto masculino como feminino, e os tres primeiros locais, e ó corredor de maior idade e o mais novo. Tódolos participantes serán obsequiados cunha camiseta conmemorativa da proba ata esgotar existencias. Os tres primeiros de cada categoría recibirán ademáis como obsequio botellas de viño da nosa comarca.