12 abr 2011

PAZ PADILLA SERÁ A PREGOEIRA DA XXIX FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA


Naceu en Cádiz en 1970. Tras unha etapa inicial ligada o Hospital Universitario Puerta del Mar da súa cidade natal, como auxiliar de clínica, Paz Padilla adentrouse na televisión en 1994 no programa de humor Genio y Figura emitido en Antena 3, ademais deste colaborou en varios programas mais desta cadea.

En 1996 pasou ás autonómicas, copresentando o programa Inocente, Inocente e pouco despois a TVE, en 1996 pasou a "Muchas Gracias 96" na noiteboa de 1996, donde Paz Padilla presentouno e contou ademais chistes. Entre 1997 e 1999 colaborou no famoso programa Crónicas Marcianas de Telecinco, con gran éxito. Ademais de participar en programas tamén fixo de actriz en numerosas series e cine.

Actualmente e dende o 2009 é presentadora do progarma de Telecinco “Sálvame Dirario” os venres sustituíndo a Jorge Javier Vázquez.

A coñecida humorista, actriz e presentadora de televisión, Paz Padilla, será a pregoeira da XXIX Edición da Feira do Viño de Quiroga, que se celebrará os días 23 e 24 de Abril. Tamén será o xurado para o concurso de camisetas que se celebra este ano como novidade.

A lectura do pregón faráse dende o balcón da Casa Consistorial ás oito e media da tarde do sábado.

PRESENTACIÓN DO LIBRO "LAS ENCOMIENDAS GALLEGAS DE LA ORDEN DE SAN JUAN DE JERUSALÉN.ESTUDIO Y EDICIÓN DOCUMENTAL.LA ENCOMIENDA DE QUIROGA"

O vindeiro venres día 15 ás 20 h na Casa da Cultura terá lugar o acto de presentación do libro de Isidro García Tato e Eleutino Álvarez Álvarez, “Las encomiendas Gallegas de la Orden de San Juan de Jerusalén, Estudio y edicción documental. La Encomienda de Quiroga”.

O acto contará coas intervencións de Carlos García Cortés , Profesor do Instituto Teolóxico Compostelán; Eduardo Parda de Guevara y Valdés, Director do Instituto de Estudios Galegos “Padre Sarmiento” e por último Ignacio Santos Cidrás, Director Xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

6 abr 2011

MAÑÁ SÁBADO 9 DE ABRIL O MUSEO ETNOGRÁFICO ACOLLE A TRADICIONAL CATA DOS VIÑOS QUE PARTICIPAN NA XXIX FEIRA DO VIÑO

Mañá sábado, o museo Etnográfico acollerá a tradiconal cata das mostras do viño recollidas entre os nove participantes inscritos na XXIX Feira do Viño. A partir das 13:30 h, unha comisión de catadores probarán e valorarán os  viños tintos e brancos que xa foron remitidos a un laboratorio especializado para a súa análise.

Os viños que se catarán corresponden aos viticultores:

-Gaspar Álvarez Nogueira, das Medas.
-Guillermo Nogueira Veloso, de Bendilló.
-Francisco Javier Mendoza Teijeiro, de Quiroga.
-Antonio García Alvarez, de San Xulián de Abaixo.
-Alfonso Núñez Calvo, dos Novaes.
-Antonio Castro Álvarez, de San Vitoiro.
-Ceferino González, de Bendilló.
-José Luis Rodríguez Lago, de San Xulián de Abaixo.
-María Oliva Cao de Bendollo.

MUSEO XEOLÓXICO DE QUIROGA: ACORDO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A UNIVERSIDADE DA CORUÑA EO O CONCELLO DE QUIROGA.

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez Núñez e o reitor da Universidade da Coruña, José María Barja Pérez, asinarán mañá día 7 de abril ás 13 h, no Reitorado da Coruña, un acordo de colaboración entre a Universidade da Coruña e o Concello de Quiroga.

Este convenio asínase para acadar a colaboración, do Instituto Universitario de Xeoloxía “Isidro Parga Pondal”, encabezado polo seu director, Juan Ramón Vidal Romaní e a doutora, Aurora Grandal d’Anglade, na posta en marcha do futuro Museo Xeolóxico de Quiroga.
O persoal do Instituto Universitario de Xeoloxía da Coruña, que leva moitos anos desenvolvendo traballos nesta zona, visitaron hai algún tempo o edificio construído para o museo e amosaron a súa total disposición para colaborar nesta iniciativa pioneira en Galicia.
Na actualidade o Concello de Quiroga está a rematar a infraestrutura do edificio en función dos contidos cos que se dotará este centro. Estes contidos xiran ao redor do impresionante patrimonio xeolóxico e paleontolóxico da comarca quiroguesa, constituíndo unha temática singular e atractiva para dar a coñecer esta parte do patrimonio natural e polo tanto contribuír de xeito activo á súa protección.
As instalacións do Museo Xeolóxico de Quiroga serán o punto de partida para unha Ruta Xeolóxica que permitirá contemplar e entender sobre o propio terreo os principais elementos que constitúen as distintas salas temáticas nas que se articula. Daquela o sinclinal do Caurel (pregamento de Campodola-Leixazós), as zonas mineiras (Pacios da Serra, Montefurado, Vilarbacú etc), os vales glaciares da Seara e Vieiros, os restos fósiles da fauna do Cuaternario e anterior e as primeiras testemuñas da presenza humana nesta zona, terán o seu protagonismo neste espazo que pretenderá axudar a comprender o que pasou hai millóns de anos.

5 abr 2011

O CONCELLO DE QUIROGA ORGANIZA UN CURSO DE CATA DE VIÑOS GALEGOS

O Concello de Quiroga, dende a oficina de Xuventude e coa colaboración da Xunta de Galicia, organizou para este ano o programa “TURISTEA POLO MUNDO DA ENOLOXÍA”, consistente nun curso de Cata de Viños Galegos, impartido polo sumiller e docente de hostelería D. Luís José López Padín, e nas viaxes ás feiras do viño de Sober e Vilachá.

Este programa, de balde para os/as participantes, compónse dun curso de tres días, martes 12, mércores 13 e venres 15 de abril das 20:15h. ás 22:15h. no Museo Etnográfico de Quiroga e de dúas viaxes, que terán lugar nas tardes dos domingos de ditas feiras coa saída ás 15:00h e a volta ás 00:00h. coa parada diante do concello.

Para poder asistir hai que apuntarse na Casa de Cultura antes do día 7 de abril, ou no teléfono 982 435 125.

1 abr 2011

CURSO DE NATACIÓN PARA NENOS/AS EN IDADE ESCOLAR

Dende o Concello de Quiroga, a través da Área de Educación Social, ofértase de novo o CURSO DE NATACIÓN na piscina climatizada de Monforte de Lemos, dito curso está subvencionado polo concello en colaboración coa Deputación de Lugo.

O curso, que vai dirixido a nenos e nenas en idade escolar, comezará o día 13 de abril e terá lugar todos os mércores dende a saída do colexio, 16:30h. ata as 19h., durante o trimestre de abril a xuño.

Hai prazas limitadas, e para aqueles que queden fóra das prazas quedará feita a reserva para o trimestre de outubro a decembro, cando se voltará a realizar.

Os interesados/as en apuntarse deberán pasar pola Casa de Cultura ou chamar ó teléfono 982 435 125.

XXIX FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA OS DÍAS 23 E 24 DE ABRIL

A VII Carreira Popular que se celebrará o venres 22 ás cinco da tarde será a encargada de abrir o programa de actividades organizado para a XXIX Feira do Viño de Quiroga.

O sábado ás 5 da tarde comenzan os actos cunha alborada a cargo da Banda de Gaitas San Martiño, ás seis e media inaugurarase o recinto feiral e media hora máis tarde, ás 7, terán lugar no auditorio municipal as actuacións da Coral Polifónica de Quiroga, da Banda de Gaitas e do Grupo de Danzas San Martiño, e farase entrega dos premios do VIII certame Cartas de Amor Vila de Quiroga así como do concurso de debuxo.

As oito e media está previsto que comence o pregón no balcón da Casa do Concello. Tras o pregón, ás nove e cuarto entregaraselles os trofeos aos colleiteiros e tamén os premios os gañadores do concurso de camisetas no palco. A festa estará amenizada polo grupo Limón.

O domingo ás once da mediodía alborada a cargo do grupo de gaitas “Os do Recanto”. Pola tarde a música correrá a cargo da charanga “Terras de Bibei”.

Durante estes dous días poderase ver na sala de exposicións da Casa da Cultura unha exposición de pintura e fotografía de Iago Eireos Franco e no Museo Etnográfico unha exposición de artesanía de Dolores Núñez Salgueiro.