1 abr 2011

CURSO DE NATACIÓN PARA NENOS/AS EN IDADE ESCOLAR

Dende o Concello de Quiroga, a través da Área de Educación Social, ofértase de novo o CURSO DE NATACIÓN na piscina climatizada de Monforte de Lemos, dito curso está subvencionado polo concello en colaboración coa Deputación de Lugo.

O curso, que vai dirixido a nenos e nenas en idade escolar, comezará o día 13 de abril e terá lugar todos os mércores dende a saída do colexio, 16:30h. ata as 19h., durante o trimestre de abril a xuño.

Hai prazas limitadas, e para aqueles que queden fóra das prazas quedará feita a reserva para o trimestre de outubro a decembro, cando se voltará a realizar.

Os interesados/as en apuntarse deberán pasar pola Casa de Cultura ou chamar ó teléfono 982 435 125.

No hay comentarios:

Publicar un comentario