16 abr 2014

453 CORREDORES INSCRITOS NA X CARREIRA POPULAR FEIRA DO VIÑO

O departamento de deportes do concello organizou un ano máis a Carreira Popular Feira do Viño. A décima edición da carreira que terá lugar o venres día 18 de abril e conta xa con 453 participantes inscritos.
  Ás catro e cuarto comenzará a carreira na categoría de pitufos, cun recorrido de 100 metros (ata aproximadamente o cruce coa avenida do Caurel). Cinco minutos máis tarde sairán os prebenxamíns e os benxamíns, cun percorrido de 500 metros, é decir unha volta ata a Praza de España. A continuación participará a categoría Alevín cun recorrido de 1.000 metros – 1 volta ata o bar Zorro. E finalmente farano os da categoría Infantil e Cadete, cun recorrido de 2.000 metros, ata as piscinas municipais e volta á meta.
          Ás cinco da tarde comenzará a Proba Absoluta, cun percorrido de 9.400 metros; e que comprende as categorías xuvenil, senior e veteranos; masculino e feminino. O percorrido consta de dúas partes. Na primeira, os corredores sairán de diante da Casa do Concello para ir ata a zona das piscinas para regresar ó lugar de partida. Neste punto comeza a segunda parte, na que os participantes terán que completar 2 voltas por un tramo do paseo fluvial.
          Este ano a proba de adultos estará novamente controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que se colocará na zapatilla antes da saída da proba.
          Haberá trofeos e medallas para os tres primeiros de cada categoría tanto masculino como feminino, e os tres primeiros locais. Cada participante recibirá unha camiseta técnica como obsequio ata esgotar existencias e disporase novamente de servizo de fisioterapeuta na meta para atender calqura problema que surxa ao longo da realización da proba.
          O sistema de cronometraxe usado será o "Championchip", polo que houbo que inscribirse previamente na web Championchip Norte (única forma de inscrición na proba absoluta).

Os corredores que participan nas carreiras das categorias dende pitufos ata cadete  contan coa posibilidade de inscribirse o mesmo día da proba diante da Casa do Concello.

11 abr 2014

SUSO TALENTO EXPÓN EN QUIROGA

A sala de exposicións da Casa de Cultura acollerá unha exposición de pintura do pintor Jesús Fernández López, natural do Saviñao e máis coñecido polo nome artístico de Suso Talento.

A exposición que acolle unha serie de cadros baixo o nome de Imaxes da Ribeira Sacra,  inaugurarase  o domingo a partir das seis da tarde, e poderase visitar ata o día 22 de abril.

SEGUNDA RUTA DE MOTONÁUTICA POLOS CANÓNS DO SIL

A Federación Galega de Motonáutica e o concello de Quiroga, organizaron a segunda ruta do campionato galego de turismo de motonáutica polos Canóns do Sil, para este sábado, día 12 de abril.
Os participantes sairán ás once da mañá dende Augasmestas para chegar ata o encoro de San Estevo e volta ata o lugar de saída. En total un recorrido de 44 millas, 82 quilómetros.
Os participantes que rematarán a proba sobre as duas da mediodía, disfrutarán o seu remate dunha comida nun restaurante local. Todos os participantes recibirán un recordo conmemorativo da proba e ademais os tres primeiros clasificados levarán un trofeo.

MARÍA DO CEO PRESENTA O SEU NOVO DISCO ESTE DOMINGO EN QUIROGA

Este domingo día 13 de Abril, a cantante María do Ceo presentará o seu último traballo 'Fado com outro acento' no Auditorio Municipal de Quiroga, a partir das sete da tarde. As persoas que esten interesadas en asistir o concerto poden adquirir as entradas o prezo de 10 euros na Casa da Cultura, no concello de Quiroga e no Centro Social, e o propio día do concerto nas instalacións do Auditorio.

No concerto non só haberá lugar para as novas cancións, senón que María do Ceo tamén repasará o mellor da súa traxectoria, pero os 13 temas que compoñen o novo traballo terán presenza destacada. Soarán, entre moitas outras, 'A menina dáscalças pardas', con letra de Armando González, ou a primeira tradución á lingua lusa do famoso 'María a portuguesa'

ARRANCA A TERCEIRA EDICIÓN DO CONCURSO "QUIROGA DE TAPAS"

O Concello de Quiroga, organizou xunto coa Asociación Provincial de Hostelería de Lugo a terceira edición do concurso: “QUIROGA DE TAPAS”, que comezou onte pola tarde e que se prolongará ate o 18 de abril. A presentación do concurso tiña lugar na Adega de María, e contou coa  presenza da corporación municipal e de Cheché Real, presidente da Asociación de Hostalaría de Lugo.
 En total son 20 os locais participantes: Remansiño, Adega da María, Ciber-café A Pedra, Bar Las Palmeras, Bar O Portón, Bar Raposo, Bar Quiper, A Taberna,  Cafetería Quiroga,  Pub Ruxe-Ruxe, Bar O Cantar Miudiño, Bar Lago, Bar Félix, Restaurante O Roxo Vivo, Casa Torres, Bar Chapakuña3, O Recuncho de Dino, Mesón Ferreiriño,  Mesón Escaleira e  A casa de Pedra.
A tapa presentada ó concurso, que terá un prezo de venda ao público de 1,50 € deberá estar a disposición do público consumidor nun número suficiente e razoable de unidades ou porcións, en horario de 12:00 a 14:30 e de 19:00 a 22:30.
Cada vez que un cliente deguste a tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle, si non o fixera aínda, a cartilla de votación, na casilla correspondente o seu establecemento, non se pode repetir selo do establecemento noutra casilla, si xa estivera cuberto o tapacartón, o local ten a obriga de darlle outro, e así, o cliente, tamén ten a opción de repetir as veces que así o desexe e optar con máis dun tapacartón ó premio.
Cando o establecemento non dispoña da tapa no horario do concurso, está obrigado a selar o tapacartón na casilla correspondente e poderá ser penalizado.
Cando o cliente complete a degustación de todas as tapas presentadas a concurso en todos os establecementos participantes, poderá votar a súa tapa favorita utilizando o tapacartón e introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso, ubicadas en todos os establecementos participantes. Non será válida ningunha cartilla de votación que non conteña o selo de todos os establecementos participantes; Voto, escrito de forma lixible e nome, apelidos e teléfono de contacto da persoa que emita o voto.
O III concurso “Quiroga de Tapas” fallarase o mércores 23 de abril no Salón de Plenos do Concello ás 12:00 horas. O establecemento gañador recibirá un premio en metálico de 100 €uros, así como unha placa honorífica. O resto dos establecementos participantes recibirán un diploma de participación.

          E entre as cartillas de votación realizaráse o sorteo público para tres participantes no concurso que gañarán diferentes premios. O 1º premio: 300 €uros en metálico+produtos típicos de Quiroga; o 2º: Cea+Estancia+Circuíto termal para dúas persoas no balneario de Augas Santas e o 3º: Comida para dúas persoas na Ferrería de Rugando.

9 abr 2014

A TERCEIRA EDICIÓN DO CURSO DE TECIDO EN TEAR CONFECCIONARÁ UN MANTELO

        A Delegación de Cultura do Concello de Quiroga organiza nas instalacións do Museo Etnográfico Municipal de Quiroga o 3º curso de tecido tradicional.
         
Aproveitando a recollida e restauración das pezas empregadas no sector téxtil, levada a cabo dende o ano 2007, ofrécese a posibilidade de aprender os segredos dunha técnica milenaria de forte raizame na zona e que co paso do tempo foi quedando no esquecemento.  

      O curso, de 40 horas de duración, será impartido pola tecedeira de Visuña Carmen Barreiro Díaz.
           
      A data prevista de inicio é o día 5 de maio e desenvolverase dende esta data ata o día 9 de xullo, todos os luns e mércores de 18:30 a 20:30 horas.
         
      O prazo para anotarse neste curso estará aberto ata o día 2 de maio, as persoas interesadas poden realizar a súa inscrición ou informarse na Casa de Cultura de Quiroga (teléfono 982435125). O prezo desta actividade é de 10 € ao mes.


    Nesta nova edición está previsto fabricar unha capa tradicional de pastoreo da serra do Caurel, unha prenda da que só quedan hoxe uns poucos exemplares en mal estado. A pesar de que foron de uso común hoxe en día non é fácil atopar exemplares ben conservados dos chamados mantelos. O museo etnográfico municipal de Quiroga posúe algunhas pezas deste tipo, pero por agora non se mostran ao público, xa que están deterioradas pola couza, remendadas de forma defectuosa e moi destinxidas. Os mantelos confeccionábanse cun tecido especialmente mesto e case impermeable, de maneira que non só protexían do frío senón que tamén eran un resgardo bastante eficaz contra a chuvia.

2 abr 2014

PROGRAMA DE ACTOS DA XXXII FEIRA DO VIÑO

 A comisión organizadora da Trixésimo Segunda Feira do Viño de Quiroga fixo público o programa da feira  que terá lugar os días 19 e 20 de abril.
          O programa ábrese este sábado ás doce e media da mediodía, co desfile dos membros da confraría do viño de Quiroga dende a casa do Concello ata o Museo Etnográfico, onde realizarán a cata oficial dos viños inscritos na feira.
O domingo día 13, inaugurarase na sala de exposicións da casa da cultura a exosición de pintura de Suso Talento, ás seis da tarde. Unha hora máis tarde, no auditorio municipal, a cantante María do Ceo, ofrecerá un concerto.
          Continuando co programa de actos, o xoves 17, ás sete da tarde, na casa da cultura presentarase a Guía do Camiño de Inverno a Santiago, a cargo da presidenta da asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra. E o venres 18, a área de deportes do concello organizou a X Carreira Popular Feira do Viño, a partir das catro e cuarto da tarde.
O sábado 19, ás cinco da tarde a banda de gaitas San Martiño fará un pasarrúas para anunciar que estamos de festa. Ás seis e cuarto inaugurarase oficialmente o recinto feiral. O encargado de cortar a cinta será o director xeral de desenvolvemento rural, Antonio Crespo Iglesias. Tras a inauguración os actos trasladaranse ata o Auditorio Municipal, onde actuarán a Coral Polifónica de Quiroga, a banda de gaitas San Martiño, e os grupos de danzas San Martiño e Arume da Queiruga.
          Ás oito e media do serán, a actriz Cristina Castaño, Judith Bécker, na serie de Tele5 La que se Avecina, dará o pregón desta edición. Tras o pregón desfile e entrega dos premios do concurso de camisetas e festa popular co grupo Garibaldi.

O domingo, o grupo de gaitas os do Recanto farán un pasarrúas como inicio da festa. A unha menos cuarto, no museo etnográfico, fareselle entrega das medallas aos colleiteiros participantes nesta edición. A música desta xornada tamén virá da man da charanga Terras do Bibei.