2 abr. 2014

PROGRAMA DE ACTOS DA XXXII FEIRA DO VIÑO

 A comisión organizadora da Trixésimo Segunda Feira do Viño de Quiroga fixo público o programa da feira  que terá lugar os días 19 e 20 de abril.
          O programa ábrese este sábado ás doce e media da mediodía, co desfile dos membros da confraría do viño de Quiroga dende a casa do Concello ata o Museo Etnográfico, onde realizarán a cata oficial dos viños inscritos na feira.
O domingo día 13, inaugurarase na sala de exposicións da casa da cultura a exosición de pintura de Suso Talento, ás seis da tarde. Unha hora máis tarde, no auditorio municipal, a cantante María do Ceo, ofrecerá un concerto.
          Continuando co programa de actos, o xoves 17, ás sete da tarde, na casa da cultura presentarase a Guía do Camiño de Inverno a Santiago, a cargo da presidenta da asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra. E o venres 18, a área de deportes do concello organizou a X Carreira Popular Feira do Viño, a partir das catro e cuarto da tarde.
O sábado 19, ás cinco da tarde a banda de gaitas San Martiño fará un pasarrúas para anunciar que estamos de festa. Ás seis e cuarto inaugurarase oficialmente o recinto feiral. O encargado de cortar a cinta será o director xeral de desenvolvemento rural, Antonio Crespo Iglesias. Tras a inauguración os actos trasladaranse ata o Auditorio Municipal, onde actuarán a Coral Polifónica de Quiroga, a banda de gaitas San Martiño, e os grupos de danzas San Martiño e Arume da Queiruga.
          Ás oito e media do serán, a actriz Cristina Castaño, Judith Bécker, na serie de Tele5 La que se Avecina, dará o pregón desta edición. Tras o pregón desfile e entrega dos premios do concurso de camisetas e festa popular co grupo Garibaldi.

O domingo, o grupo de gaitas os do Recanto farán un pasarrúas como inicio da festa. A unha menos cuarto, no museo etnográfico, fareselle entrega das medallas aos colleiteiros participantes nesta edición. A música desta xornada tamén virá da man da charanga Terras do Bibei.

No hay comentarios:

Publicar un comentario