11 abr 2014

ARRANCA A TERCEIRA EDICIÓN DO CONCURSO "QUIROGA DE TAPAS"

O Concello de Quiroga, organizou xunto coa Asociación Provincial de Hostelería de Lugo a terceira edición do concurso: “QUIROGA DE TAPAS”, que comezou onte pola tarde e que se prolongará ate o 18 de abril. A presentación do concurso tiña lugar na Adega de María, e contou coa  presenza da corporación municipal e de Cheché Real, presidente da Asociación de Hostalaría de Lugo.
 En total son 20 os locais participantes: Remansiño, Adega da María, Ciber-café A Pedra, Bar Las Palmeras, Bar O Portón, Bar Raposo, Bar Quiper, A Taberna,  Cafetería Quiroga,  Pub Ruxe-Ruxe, Bar O Cantar Miudiño, Bar Lago, Bar Félix, Restaurante O Roxo Vivo, Casa Torres, Bar Chapakuña3, O Recuncho de Dino, Mesón Ferreiriño,  Mesón Escaleira e  A casa de Pedra.
A tapa presentada ó concurso, que terá un prezo de venda ao público de 1,50 € deberá estar a disposición do público consumidor nun número suficiente e razoable de unidades ou porcións, en horario de 12:00 a 14:30 e de 19:00 a 22:30.
Cada vez que un cliente deguste a tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle, si non o fixera aínda, a cartilla de votación, na casilla correspondente o seu establecemento, non se pode repetir selo do establecemento noutra casilla, si xa estivera cuberto o tapacartón, o local ten a obriga de darlle outro, e así, o cliente, tamén ten a opción de repetir as veces que así o desexe e optar con máis dun tapacartón ó premio.
Cando o establecemento non dispoña da tapa no horario do concurso, está obrigado a selar o tapacartón na casilla correspondente e poderá ser penalizado.
Cando o cliente complete a degustación de todas as tapas presentadas a concurso en todos os establecementos participantes, poderá votar a súa tapa favorita utilizando o tapacartón e introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso, ubicadas en todos os establecementos participantes. Non será válida ningunha cartilla de votación que non conteña o selo de todos os establecementos participantes; Voto, escrito de forma lixible e nome, apelidos e teléfono de contacto da persoa que emita o voto.
O III concurso “Quiroga de Tapas” fallarase o mércores 23 de abril no Salón de Plenos do Concello ás 12:00 horas. O establecemento gañador recibirá un premio en metálico de 100 €uros, así como unha placa honorífica. O resto dos establecementos participantes recibirán un diploma de participación.

          E entre as cartillas de votación realizaráse o sorteo público para tres participantes no concurso que gañarán diferentes premios. O 1º premio: 300 €uros en metálico+produtos típicos de Quiroga; o 2º: Cea+Estancia+Circuíto termal para dúas persoas no balneario de Augas Santas e o 3º: Comida para dúas persoas na Ferrería de Rugando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario