13 mar 2015

O NOVO CURSO DE TECIDO CONFECCIONARÁ UNHA COLCHA NO TEAR

        Dende a área de cultura do Concello, orgnaizase un novo curso de Tecido Tradicional. Trátase da cuarta edición deste curso que se desenvolve nas instalacións do Museo Etnográfico.

O curso que terá unha duración de 40 horas, comezará o día 22 de abril e prolongarase ata o 29 de xuño, desenvolvéndose dous días á semana, os luns e os mércores.

Durante este tempo os alumnos e alumnas aprenderán todo o proceso de elaboración téxtil seguindo as técnicas tradicionais de fiado, urdido e tecido con la de ovella. Pero o traballo no tear centrarase na elaboración dunha colcha. Esta peza realizada polos alumnos pasará a formar parte das instalacións do museo etnográfico.



      As persoas interesadas en participar ou en recibir máis información terán  de prazo ata o día 20 de abril, nas instalcións da Casa da Cultura, persoalmente ou a través do teléfono 982.43.51.25.

12 mar 2015

DISMINÚE A DELINCUENCIA EN QUIROGA

           A casa consistorial acolleu onte unha reunión ordinaria da xunta local de seguridade. Presidida polo subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e o alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, na xuntanza díxose unha análise global da situación delincuencial no municipio.
Segundo os datos de denuncias formuladas no 2014, a delincuencia rexitrou un lixeiro descenso en Quiroga con respecto ao ano anterior, sendo máis reseñable a baixada dos delitos contra o patrimonio, que se reduciron case á metade. Mantense deste xeito a tendencia iniciada a comezos do ano 2013.
Os integrantes da xunta de seguridade, representantes da Garda Civil, de Tráfico, da Policía Autonómica e da Policía Local, destacaron ademais o aumento no grao de eficacia acadado na resolución e esclarecemento dos delitos que se rexistraron no municipio, e que atribuiron ao traballo e a colaboración entre os efectivos da Garda Civil e da Policía Local.
Segundo explicou o subdelegado do Goberno, a porcentaxe de delitos esclarecidos subiu lixeiramente en toda Galicia no 2014, pasando do 52 ao 53%, unha porcentaxe superada no concello de Quiroga.
Ramón Carballo informou na xunta sobre o traballo realizado polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado no marco do Plan director para a convivencia e mellora da seguridade escolar nos centros educativos e as súas contornas. O obxetivo deste plan e informar a alumnado, profesorado e Ampa sobre temas como o acoso escolar, o consumo de alcohol e drogas, a violencia de xénero ou os riscos do uso inaxeitado de internet e as redes sociais.
Ao longo do curso 2013/2014, os axentes impartiron 9 charlas nos centros educativos de Quiroga. Para o actual curso, están previstas xa 4 novas charlas no Colexio de Educación Infantil e Primaria, ademais dunha demostración de medios policiais.

A xuntanza rematou falando da seguridade nas festas municipais, comprometendose xa a estreita colaboración da Garda Civil cos axentes da Policía Local nas tarefas de vixiancia preventiva e de contros da orde pública.

6 mar 2015

20 ESTABLECEMENTOS PARTICIPAN NA 4º CONCURSO QUIROGA DE TAPAS

      20 establecementos participarán na 4ª edición do Concurso Quiroga de Tapas, organizado dende a oficina de xuventude, que se levará a cabo entre os días 26 de marzo e 3 de abril.
          Os establecementos que participan son :Adega da María, Mesón da Clara, Ciber-café A Pedra, Bar Las Palmeras, Bar O Portón, Bar Raposo, Bar Quiper, A Taberna, Café Monbel, Pub Ruxe-Ruxe, Bar Lago, Bar Félix, Restaurante O Roxo Vivo, Casa Torres, Bar Chapakuña3, O Recuncho de Dino, Mesón Ferreiriño, Mesón Escaleira, A casa de Pedra, Parrillada “A Barca”.    
        Cada un destes establecementos elaborará unha única tapa, con ingredientes de libre elección, a un precio de venda ó público de 1,50 €uros. A tapa presentada a concurso faraa pública cada un dos establecementos antes do inicio do concurso.
          Este ano a novidade serán os premios entre os votantes, xa que haberá un total de sete gañadores. Os premios consistirán en:
- 300 €uros en metálico.
- Circuíto termal, estancia, almorzo e comida no Balneario de Augas Santas para dúas persoas.
- Estancia e almorzo para dúas persoas na Ferrería de Rugando.
- Estancia na Aldea Rural "O Busto", Pobra de Brollón, para dúas persoas .
- Estancia na Casa de Maside, Pantón, para dúas persoas.
- Visita ás instalacións e degustación de viño para catro persoas no Centro do Viño Ribeira Sacra.
- Produtos típicos Caurelor e Porvide.
          Neste concurso organizado dende o concello de Quiroga, colaboran Porvide, Caurelor, Centro do Viño Ribeira Sacra, Casa de Maside, Aldea Rural “O Busto”, Ferrería de Rugando, Oca Augas Santas e a Asociación de Empresarios de Hostaleria de Lugo, E para comer Lugo.

QUIROGA RECIBE O TÍTULO DE LOCALIDADE SOLIDARIA CO ALZHEIMER

AFAMON, a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Monforte, fixolle entrega esta mañá da Acreditación de “Localidade Solidaria co Alzheimer” ó Concello de Quiroga.
O Pleno da Corporación do 17 de setembro de 2014, aprobara por unanimidade a proposta feita por AFAMON de declaración á Quiroga como concello Solidario co Alzheimer.

Ser solidario co Alzheimer é unha iniciativa da Confederación Española de Asociaciones de Familiares con personas con Alzheimer y otras demencias, para contribuír a expandir a mensaxe da necesidade dunha Política de Estado sobre o Alzheimer, informar os seus cidadáns sobre a enfermidade e as súas consecuencias, promover as accións relacionadas coas súas Asociacións máis próximas, facilitar a difusión desta mensaxe e concienciar á sociedade sobre a necesidade de conseguir unha Política de Estado sobre o Alzheimer. 

XXXIII FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA. 4 e 5 DE ABRIL DE 2015

2 mar 2015

ABERTO O PRAZO PARA A INSCRIPCIÓN DE ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES NO CONCURSO QUIROGA DE TAPAS

      O Concello de Quiroga, organiza xunto coa Asociación Provincial de Hostelería de Lugo a cuarta edición do concurso: “QUIROGA DE TAPAS”. O concurso ten un ámbito xeográfico circunscrito ós límites do municipio de Quiroga, podendo participar no mesmo calquera establecemento do val adicado á restauración.
          A inscrición no concurso é gratuíta. A data límite de inscrición será o 4 de marzo e poderá realizarse a través do persoal técnico de Xuventude do Concello, que visitará os establecementos de restauración do municipio ou na Casa de Cultura no teléfono 982 435 125.
    Cada establecemento participante deberá elaborar unha única tapa, con ingredientes de libre elección, a un precio de venda ó público de 1,50 €uros. Ademáis, é obrigatorio ofertar o maridaxe cós viños da comarca.
O Concello distribuirá nos locais participantes cartillas de votación “tapacartóns”, a disposición gratuíta do público consumidor, que será quen determine o gañador do concurso. Ademáis, en todos os establecementos participantes, estarán situadas as urnas oficiais de votación.
          A tapa presentada ó concurso, deberá estar anunciada, exposta de forma destacada, así como a disposición do público consumidor nun número suficiente e razoable de unidades ou porcións, do 26 de marzo ao 3 de abril, en horario de 12:00 a 14:30 e de 19:00 a 22:30 horas.
  Cada vez que un cliente deguste a tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle, si non o fixera aínda, a cartilla de votación, na casilla correspondente o seu establecemento, si xa estivera cuberto o tapacartón, o local ten a obriga de darlle outro. Se o establecemento non dispón da tapa no horario do concurso, está obrigado a selar o tapacartón na casilla correspondente e poderá ser penalizado.
          Cando o cliente complete a degustación de todas as tapas presentadas a concurso en todos os establecementos participantes, poderá votar a súa tapa favorita utilizando o tapacartón e introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso, ubicadas en todos os establecementos participantes. A votación deberá realizarse antes das 15:00 horas do 4 de abril, data na que se recollerán as urnas para o reconto de votos.
        Non será válida ningunha cartilla de votación que non conteña selo de todos os establecementos participantes, o seu voto, escrito de forma lixible e un nome, apelidos e teléfono de contacto da persoa que emita o voto.
          O cliente poderá ter en conta, á hora de emitir o seu voto, Presentación e innovación, Gusto, sabor, texturas e aromas e calidade dos ingredientes.
          O cuarto concurso “Quiroga de Tapas” fallarase o mércores 8 de abril na casa consistorial. O establecemento gañador recibirá un premio en metálico de 100 €uros, así como unha placa honorífica. O resto dos establecementos participantes recibirán un diploma de participación. Ademais, entre as cartillas de votación realizaráse o sorteo público para cinco participantes no concurso que gañarán diferentes premios.

AMPLIADO O TALLER PARA PERSOAS CON ALZHEIMER A TRES DIAS SEMANAIS

        O concello de Quiroga, a través do departamento de servizos sociais, amplia esta semana o seu taller de estimulación cognitiva, psicomotriz e  da memoria  en persoas maiores que sofren deterioro cognitivo.   
      Este programa ten como obxectivo  a prevención e mellora  de enfermidades cerebrais, especialmente a enfermidade de alzheimer e as caracterizadas pola perda aillada e obxectiva da memoria.
          Tras a boa acollida deste obradoiros e os seus resultados, familiares dos participantes no obradoiro  de “estimulación cognitiva e psicomotriz”, que se desenvolvía en dúas sesións semanais en horario de mañá, pediron a ampliación deste obradoiro un día máis á semana.
          Tras esta petición e coincidindo co inicio deste mes de marzo, o concello ampliou estas sesión, polo que se desenvolverán os luns, mércores e venres, dende as once da mañá ata a unha da mediodía,

          Paralelamente a esta petición, dende o departamento de servizos sociais do concello mantense aberto o prazo de inscripción para novos participantes neste obradoiro que se desenvolve con  persoal da asociación  Afamon, Asociacion de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Monforte.