25 feb 2013

O INTENSO FRÍO NON CONSEGUE MERMAR AS VENDAS DA XIII MOSTRA DO ACEITE


Quiroga celebrou a súa XIII Mostra do Aceite no lugar das Farrapas en Bendilló e aínda que non choveu si se deixou sentir o intenso frío que fixo que a afluencia de público non acadase a cota doutras edicións. O programa da mostra abríuse como sempre coa posta en funcionamento do muiño de aceite para que todos os visitantes poideron ver a súa elaboración tradicional.
 
          Ás doce da mediodía, tiña lugar a cata dos catro aceites presentes na mostra por parte de expertos na materia. As análises organolépticas que previamente pasaron estes aceites deron como resultado unha clasificación de Aceite de Oliva Virxe Extra, a máxima que se pode obter.
 
          O laboratorio especializado ao que foron enviadas as mostras do aceite presentado por Jesús Bao Mondelo, Guillermo Nogueira Veloso, Inocencio Ogando García e Manuel Mondelo Rodríguez para o seu análise destacou deste xeito, unha vez más, a calidade do aceite que se produce en Quiroga.
 
            Na mostra, ademáis de poñerse a venda o aceite,  participaron outros oito expositores con todo tipo de produtos típicos da zona de elaboración artesanal: castañas secas, doce de castaña, conchos, pan, viño, mel, licores etc. Incluso este ano haoubo un expositor no que se poideron ver e mercar distintos tipos de pezas de carpintería elaboradas con madeira de oliveira.
 
Este foi o primeiro ano no que os aceites se presentaron coa contraetiqueta oficial de aceite de Quiroga, o que garantiza que indudablemente estes aceites son elaborados no municipio.
 
Os olivareiros participantes destacaron que a pesar da menor afluencia de público as vendas mantivéronse nos niveis doutros anos.
 
          Nesta convocatoria, que xa forma parte destacada do calendario de festas gastronómicas e etnográficas de Galicia, tamén se contou coa música tradicional galega a cargo do grupo de gaitas San Martiño, do grupo de danzas do mesmo nome e do grupo de gaitas O Recanto.

22 feb 2013

QUIROGA ACOLLE ESTE DOMINGO A SÚA XIII MOSTRA DO ACEITE

Este domingo Quiroga celebra a súa XIII Mostra do Aceite no lugar das Farrapas en Bendilló. O programa da mostra abrirase ás once e media da mañá coa posta en funcionamento do muiño de aceite para que todos os visitantes poidan ver a súa elaboración tradicional.



Ás doce da mediodía, terá lugar a cata dos catro aceites presentes na mostra por parte de expertos na materia. As análises organolépticas que previamente pasaron estes aceites deron como resultado unha clasificación de Aceite de Oliva Virxe Extra, a máxima que se pode obter.



O laboratorio especializado ao que foron enviadas as mostras do aceite presentado por Jesús Bao Mondelo, Guillermo Nogueira Veloso, Inocencio Ogando García e Manuel Mondelo Rodríguez para o seu análise destaca deste xeito, unha vez más, a calidade do aceite que se produce en Quiroga.



Este será o primeiro ano no que os aceites se presenten coa contraetiqueta oficial de aceite de Quiroga, o que garantiza que indudablemente estes aceites son elaborados no municipio.



Na mostra, ademáis de poñerse a venda o aceite, participarán outros oito expositores con todo tipo de produtos típicos da zona de elaboración artesanal: castañas secas, doce de castaña, conchos, pan, viño, mel, licores etc. Incluso este ano haberá un expositor no que se poderán ver e mercar distintos tipos de pezas de carpintería elaboradas con madeira de oliveira.



Esta convocatoria, que xa forma parte destacada do calendario de festas gastronómicas e etnográficas de Galicia, tamén se contará coa música tradicional galega a cargo do grupo de gaitas San Martiño, do grupo de danzas do mesmo nome e do grupo de gaitas O Recanto.



13 feb 2013

TRAS O SEU APLAZAMENTO O DESFILE DE COMPARSAS DE ENTROIDO CELEBRARASE ESTE DOMINGO DÍA 17


O concello de Quiroga que aplazara o desfile de comparsas previsto para o domingo polas malas condicións meteorolóxicas, decidiu que se celebre este domingo día 17.
 
A saída do desfile de comparsas terá lugar o domingo dende a Rúa das Piscinas, ás cinco da tarde, continuando pola Rúa Real ata a Casa da Cultura. Establéceuse un primeiro premio de 500,00 €, un segundo premio de 300,00 € e un terceiro  premio de 150,00 €. Fora dos gañadores, cada comparsa participante recibirá 60€. Para a modalidade de disfraces individuais haberá un único premio de 60,00€.
 
O Xurado estará integrado por un membro de cada comparsa participante  que despois de asistir ó desfile  valorará   a  cada comparsa menos á que representa. Valorarase especialmente a orixinalidade dos disfraces, a coreografía e a escenografía.
 
  A entrega de premios terá lugar, no baile de disfraces amenizado polo Dúo Fondo Tropical.

8 feb 2013

SE AS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS NON PERMITEN O DESFILE DE COMPARSAS DO DOMINGO, TRASLADARASE AO APARCAMENTO MUNICIPAL DA PRAZA ESPAÑA


Os concello de Quiroga organizou duas actividades para as festas de Entroido: un Concurso Desfile de Comparsas, que terá lugar o domingo 10 de febreiro; e unha Festa Infantil de Disfraces o luns día 11. Para últimar estas actividades reuníase onte a comisión organizadora.
 
 A saída do desfile de comparsas terá lugar o domingo dende a Rúa das Piscinas, ás cinco da tarde, continuando pola Rúa Real ata a Casa da Cultura. En caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan o desfile, a comisión organizadora decidiu que as comparsas desfilen dentro do aparcamento municipal da Praza España.
 
Establéceuse un primeiro premio de 500,00 €, un segundo premio de 300,00 € e un terceiro  premio de 150,00 €. Fora dos gañadores, cada comparsa participante recibirá 60€. Para a modalidade de disfraces individuais haberá un único premio de 60,00€.
 
O Xurado estará integrado por un membro de cada comparsa participante  que despois de asistir ó desfile  valorará   a  cada comparsa menos á que representa. Valorarase especialmente a orixinalidade dos disfraces, a coreografía e a escenografía.
 
  A entrega de premios terá lugar, no baile de disfraces amenizado polo Dúo Fondo Tropical.
 
En canto á festa de disfraces infantil do luns día 11, comenzará a partir das cinco da tarde na discoteca lor, e os rapaces poderán disfrutar de piñatas e animación.

1 feb 2013

XUVENTUDE ORGANIZA UNHA VIAXE PARA VER O OSO DE SALCEDO E OUTRA PARA ASISTIR AO PROGRAMA TOURILANDIA


A Oficina de Xuventude vai levar a cabo diversas actividades coincidindo coas festas de Entroido. Unha destas actividades é un taller de máscaras e maquillaxe de entroido que realiza en colaboración coa área de Educación. O taller, de dous días de duración, vai irá dirixido ós nenos e nenas de 9 a 16 anos, que se deberán apuntar na casa de cultura antes do xoves 31 de xaneiro, teléfono 982 435 125.
         
Os días serán o luns 4 en horario de 18:30h a 20:00 horas, e o mércores día 6 en horario de 17:00h. a 18:30 horas, esta actividade realizarase na aula da ludoteca municipal.
 
 As outras actividades son duas viaxes, a primeira o luns de entroido para ver o Oso de Salcedo e a segunda, o mércores de cinsa para participar como público no programa da TVG Tourilandia.
 
Para o luns día 11 organízase unha viaxe ó pobo de Salcedo para ver ó “OSO DE SALCEDO”, para apuntarse dirixirse á Casa de Cultura antes do venres día 8, e, dende Educación, unha Festa Infantil de Entroido na Discoteca Lor a partir das 17:00 horas, con piñatas e animación para todos os asistentes.
 
O mércores día 13 terá lugar unha viaxe para asistir á gravación do programa “Tourilandia”, a saída terá lugar ás 20:00 horas e a volta ás 00:00h., para asistir é necesario apuntarse na Casa de Cultura antes do luns día 11, esta actividade organízase dende xuventude.

 

30 ene 2013

APROBADA A 3ª FASE DA A.R.I. DA PLAZA MAIOR E PACIOS DE MONDELO


O Boletín Oficial da Provincia publicou onte as bases para a concesión de subvencións para a Area de Rehabilitación Integral do ámbito denominado Praza Maior e Pacios de Mondelo, no que será xa a 3ª fase do programa.
 
A presente convocatoria ten por obxecto establece-lo procedemento de concesion das axudas ao abeiro do Convenio asinado entre o Ministerio de Fomento o Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de Quiroga, no ano 2012.
 
As obras para as que se soliciten as axudas deberan atender prioritariamente a mellora das condicions de habitabilidade relativas a distribucion interior, instalacions de auga, electricidade, calefaccion, ventilacion, iluminacion natural e aireacion, illamento termico, servicios hixienicos e instalacions de cocina ou doutros servicios de caracter xeral.
 
Tamén se subvencionarán actuacions nos elementos comuns das edificacions e de mellora e conservacion dos elementos que demandasen os valores historico-artistico, arquitectonico ou ambientais. Dentro destas actuacions incúense tellados, chimeneas, fachadas, instalacion de ascensores, supresion de antenas individuais e instalacion de antenas colectivas e acaemento de accesos e circulacion para uso de minusvalidos.
 
As axudas previstas nesta norma, teran caracter de subvencions a fondo perdido e poden chegar ata o 75 por 100 do orzamento protexido da rehabilitacion de edificios e vivendas, sen que a subvencion media poida exceder de 11.600 euros por vivenda.
 
 Poderan se beneficiarios das axudas para a rehabilitacion de vivendas, edificios e elementos comuns, os propietarios, arrendatarios ou titulares de algun dereito de uso sobre as vivendas, cando estas constituan o seu domicilio habitual e permanente. Tamen poderan solicitar as axudas os titulares de vivendas desocupadas sempre que a solicitude leve parello o compromiso de ocupalas eles mesmos ou cedelas a terceiras persoas en arrendamento ou por calquera outro titulo legalmente admisible, sempre que sexa como residencia habitual.
 
Para máis información ou para tramitar as axudas deben dirixirse a oficina de rehabilitación situada no centro de Formación Ocupacional Pía Páxaro.
 

29 ene 2013

CONVOCADO O X CERTAME CARTAS DE AMOR VILA DE QUIROGA


O concello de Quiroga, dende a Área de Xuventude, organiza para este mes de xaneiro o X Certame Cartas de Amor “Vila de Quiroga”, no que poden participar tódalas persoas co desexen con tantas cartas de amor como queiran sempre que estén relacionadas co sentimento do amor.
 
As cartas poden estar escritas en galego ou castelán cunha extensión máxima de dous folios mecanografados por unha sóa cara.
 
Os datos do autor/a, dirección e teléfono presentaránse dentro dun sobre pechado. No exterior figurará o título da carta e a categoría na que participa. As categorías serán duas: Cartas non locais (remitidas por persoas que non están domiciliadas neste Concello). E cartas locais (para veciños do pobo de Quiroga). Dentro destas últimas establécense varias subcategorías, en función da idade dos participantes:
Infantil (menores de 12 anos).
Xuvenil (de 13 a 18 anos).
Senior (de 19 a 35 anos).
Dourada (de 35 anos en adiante).
 
Os premios establecéronse en placas conmemortativas e detalles para os tres primeiros clasificados da categoría de cartas non locais, e para a categoría local estableceuse un único premio, tamén consistente  nunha placa conmemorativa e un detalle, para o gañador de cada subcategoría.
 
Os traballos pódense enviar por correo ou entregalos persoalmente na Casa de Cultura de Quiroga, antes do 24 de febreiro.
 
Os traballos quedarán en propiedade do Concello para facer unha publicación en sucesivas edicións: Cartas de amor, vila de Quiroga.