5 abr 2012

CONTA ATRÁS PARA A XXX FEIRA DO VIÑO

Quiroga celebra esta fin de semana a XXX Feira do Viño, que conta cun amplo programa de actividades que xa se iniciaron co concurso de tapas no que participan 16 bares da vila, contarase tamén  cun concerto benéfico hoxe a tarde; e poserase visitar a exposición de fotografía “Camiño de Santiago, camiño de liberación”, durante toda a semana.
 
         No apartado de deportes hai que descatar a concurrida carreira popular, unha das mais consolidadas da provincia, que terá lugar o venres a partir das cinco da tarde; e o I Torneo de Fútbol Sala Feira do Viño, que se está a disputar no pavillón municipal.
Durante o sábado e o domingo haberá alboradas por parte da banda de gaitas San Martiño e do grupo de gaitas O Recanto. O recinto feiral inaugurarase o sábado ás seis e media da tarde, e o encargado de facelo será o Xefe Territorial da Consellería de Medio Rural e do Mar en Lugo, D. José Ramón Losada Fernández.
Tamen o sábado, ás sete da tarde, o Auditoria Municipal acollerá ás actuacións da Coral Polifónica de Quiroga, do grupo de danzas San Martiño e da banda de gaitas do mesmo nome. Ademais entregaranse os premios do IX Certame Cartas de Amor, do VII Relato Curto e do V Concurso de Debuxo.
          Os oito e media xa no palco, terá lugar o pregón a cargo de Kiko Matamoros e o seu remate farase entrega do premio do II concurso de camisetas. A festa continuará esa noite coa música do grupo Alkar.
O domingo, a unha menos cuarto faraselle entrega aos nove colleiteiros participantes nesta edición dos trofeos no Museo Etnográfico. Os colleiteiros que participan no certame deste ano son: Gaspar Álvarez Nogueira, das Medas; Guillermo Nogueira Veloso, de Bendilló; Antonio García Alvarez, de San Xulián de Abaixo; Alfonso Núñez Calvo, dos Novaes; Antonio Castro Álvarez, de San Vitoiro; José Luis Rodríguez Lago, de San Xulián de Abaixo; María Oliva Cao de Bendollo;  Elías González Mourelo, de Carballo de Hospital e  Ovidio Mondelo Arias, de Bendilló.


No hay comentarios:

Publicar un comentario