13 abr 2012

MESÓN ESCALEIRA, GAÑADOR DO I CONCURSO "QUIROGA DE TAPAS"

          Mesón Escaleira foi o gañador do I concurso “Quiroga de Tapas” que se fallaba esta mañá no Salón de Plenos do Concello.
        Tanto a concelleira de Xuventude, organizadora do concurso, como o alcalde de Quiroga, afirmaron que o concurso foi un éxito, pero con fallos que a organización tratará de subsanar na edición do próximo ano.
        Para a apertura das urnas estivo presente a representante de hostelería da zona sur da provincia de Lugo. Tras abrir as urnas que recollían os tapacartóns e facer o escrutinio dos votos realizados polos clientes que degustaron as 16 tapas participantes, a tapa gañadora foi Langostino crocanti con espuma de arzúa curado e ensalada de algas.
        Para poder votar, cada cliente tiña que degustar todas as tapas presentadas a concurso, e utilizar o tapacartón que introduciría nas urnas oficiais do concurso, ubicadas en todos os establecementos participantes. Os tapacartóns que non tiñan todos os selos dos establecementos consideránronse nulos. 
E tras coñecer o establecemento gañador, entre as cartillas de votación realizarouse o sorteo entre os clientes que participaron no concurso para unha noite na ferrería de Rugando para dúas personas, con cea incluída.
Todolos establecementos participantes recibiron un diploma de participación; e o gañador recibiu 100 € e unha placa conmemorativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario