2 abr. 2012

HOXE COMEZA O I CONCURSO "QUIROGA DE TAPAS"

O Concello de Quiroga en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería organizou o I CONCURSO “QUIROGA DE TAPAS”, que comeza dende hoxe ata o 10 de abril. O establecemento gañador será premiado con cen euros e entre os clientes que participen no certame sortearase unha estancia dunha noite para dúas persoas na casa de turismo rural de Rugando.
Cada  establecemento participante deberá elaborar unha tapa, sendo os seus ingredientes de libre elección, a un prezo de venda ó público de 1,00 €uros. Os establecementos que participan son:
            Mesón Escaleira:Langostino crocanti con espuma de arzúa curado e ensalada de algas.
          Mesón Ferreiriño: Setas á Caurelá.
          O Recuncho de Dino: Ovo á vinagreta.
          Bar Chapakuña3: Lasaña de solomillo, polo, tenreira e grelos ó queixo.
          Hostal Marcos: Zamburiña gratinada.
          Restaurante Torres: Brocheta mixta de carne sobre tosta con aceite de Quiroga.
          O Roxo Vivo: Rulo de lomo con cricante de améndoa.
          Bar Félix: Codillo en salsa de Rioja con patata rejilla.
          O Cantar Miudiño: Muslo de polo recheo de espinacas e pasas con reducción agridoce de mencía.
          Pub Ruxe-Ruxe: Pechuga de pavo rechea.
          Cafetería Quiroga: Barquiño de hamburguesa.
          Bodegón da Andaluza: Tortilla de patacas con grelos, panceta e chourizo.
          Bar Quiper: Ravioli especial Quiper.
          Bar Las Palmeras: Pinguims na feira.
          Ciber-café A Pedra: Nido de serrano con frutos secos e queixo ó aceite de Quiroga.
          Adega de María: Croquetas recheas.
Os locais participantes dispoñen de cartillas de votación “tapacartóns”, a disposición gratuíta do público consumidor, que será quen determine o gañador do concurso. Ademáis, en todos os establecementos participantes, estarán situadas as urnas oficiais de votación.
 Cada vez que un cliente deguste a tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle a cartilla de votación, na casilla correspondente o seu establecemento, si xa estivera cuberto o tapacartón, o local ten a obriga de darlle outro, e así, o cliente, tamén ten a opción de repetir as veces que así o desexe e optar con máis dun tapacartón ó premio.
Cando o cliente complete a degustación de todas as tapas presentadas a concurso en todos os establecementos participantes, poderá votar a súa tapa favorita utilizando o tapacartón e introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso, ubicadas en todos os establecementos participantes.
O cliente poderá ter en conta, á hora de emitir o seu voto, os seguintes criterios de valoración: Presentación e innovación; Gusto, sabor, texturas e aromas; Calidade dos ingredientes; e Acompañamento cun viño da Ribeira Sacra.
O concurso “Quiroga de Tapas” fallarase na mañá do venres 13 de abril no Salón de Plenos do Concello de Quiroga. O establecemento gañador recibirá un premio en metálico de 100 €uros, así como unha placa honorífica. O resto dos establecementos participantes recibirá un diploma de participación.
Esa mesma mañá, entre as cartillas de votación realizaráse o sorteo público para unha noite na ferrería de Rugando para dúas personas, con cea incluída.


No hay comentarios:

Publicar un comentario