20 mar 2013

LUDOTECA ESPECIAL, OBRADOIROS E XOGOS, OFERTAS DE SEMANA SANTA PARA OS MÁIS NOVOS


Mañá xoves, a Ludoteca Municipal  celebrará unha festa infantil de despedida ata despois de Semana Santa. Na festa, que comezará ás cinco da tarde, os pequenos e pequenas comerán a merenda que eles mesmo elaborarán na súa casa coa axudas dos seus pais.
A Ludoteca dará paso a vindeira semana á Ludoteca de Semana Santa, dirixida a nenos e nenas de 3 a 7 anos e que terá lugar os días 25, 26 e 27 en horario de 11:00 a 12:00 horas, na que se farán manualidades de pascua.
 
Durante estas datas tamén haberá outras actividades organizadas conxuntamente polos departamentos de infancia e xuventude do concello de Quiroga.
 
Por un lado, ofertaranse obradoiros de 12 a 14 horas na aula da ludoteca municipal, o luns día 25 de tarxetería pop-up, o martes día 26 de cociña e o mércores día 27 de fieltro.
 
Por outra banda, e, en horario de 16:30 a 18:00 horas na casa de cultura, o luns haberá xogos de puntería, o martes un parchís xigante, e, o mércores campionato de futbolín.
 
Para apuntarse a calquera destas actividades, que son gratuitas para os participantes, poderán dirixirse á casa de cultura ou o teléfono 982 435 125.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario