9 mar 2013

MARIANO PEÑA, MAURICIO COLMENERO NA SERIE "AÍDA", PREGOEIRO DA XXXI FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA


O actor Mariano Peña, Mauricio Colmenero na serie Aída, será o pregoeiro da XXXI Feira do Viño de Quiroga. O pregón terá lugar o sábado día 30 de marzo, a partir das das oito e media do serán.
 Mariano Peña, naceu en Huelva, Andalucía, en 1957. Con 18 anos marchou a Sevilla, onde estudou Arte Dramática e Belas Artes ao mesmo tempo, o cal lle permitiu facer teatro dende moi novo, aínda que tamén traballou como actor de doblaxe.

       Fixo o seu debut no cine co curto La teoría del dinero (1991) e en 2002 coa película Carlos contra el mundo. Tamén destaca a súa participación en La luz prodigiosa (2003), Héctor (2004), Reinas (2004), Fuera de carta (2008) e No lo llames amor, llámalo X (2011).

          En televisión participou nas series máis exitosas dos últimos tempos: Compañeros, Hospital Central e Los Serrano. Onde máis éxito alcanzou, en calquera caso, é na serie Aída polo seu papel de Mauricio Colmenero. Grazas a este papel alcanzou unha gran popularidad, ademais de recibir en 2006 o premio da Unión de Actores, como Mellor actor secundario de televisión, e no 2012 o Premio Ondas ao mellor intérprete masculino en ficción nacional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario