10 abr. 2013

DENDE O CONCELLO ORGANÍZASE UN OBRADOIRO DE COSTURA E OUTRO DE SCRAPBOOK


A concellaría de Educación, Benestar e Igualdade, dende a súa área da muller organiza un obradoiro de iniciación á costura que comezará o mércores 17 de abril.
O obradoiro que se centrará en puntadas e nocións básicas, arranxo de prendas e iniciación ao patronaxe e á confección; desenvolverase todolos mércores durante tres horas no Centro de Formación Ocupacional Pía Páxaro.
O outro obradoiro, organizado dende o departamento de xuventude do concello, en colaboración coa área de educación,é Scrapbook.
O scrapbook é o termo inglés para definir un libro de recortes, é dicir, a técnica de personalizar álbums de fotografías. Consiste en multitude de procesos creativos como o recorte, pegado ou colaxe para crear unha composición de memorias e recordos mediante as túas fotografías. Este divertido pasatempo de decorar aplícase tamén a cartas, poemas, convites ou todo aquilo que che propoña a imaxinación. Partindo de simples fotografías, revalorízanse os recordos con adornos de todo tipo (adhesivos, botóns, fitas, papeis especiais, flores secas, remaches, fíos...) e diversos estilos, dende o máis sofisticado ata o máis sinxelo, dependendo do gusto persoal.
O obradoiro gratuito, realizarase a partir do día 6 de maio, os luns, en horario de seis da tarde a oito, na aula da Ludoteca Municipal.
As persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente na Casa da Cultura, no teléfono 982.43.51.25.
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario