4 abr 2013

O BAR QUIPER GAÑADOR DO II CONCURSO QUIROGA DE TAPAS


        O Bar Quiper foi o gañador do II concurso Quiroga de Tapas coa tapa: Carrillera de porco celta con mousse de foie, adozada con confitura de figos da terra, salteado con fungos do Caurel ó curri e tella de queixo.
 
          O concurso de tapas, estaba organizado polo Concello de Quiroga en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería.
 
          A representante da zona sur da Asociación Provincial de Hostalería, Beatriz Vila, encargouse de contar os votos coa axuda da concelleira de Xuventude, Rosa Arza e do concelleiro de eventos, José Luis Rivera.
 
Entre as cartillas de votación realizouse o sorteo público no que tres participantes podían gañar diferentes agasallos. Así José Luis Martínez gañou unha estancia con circuito termal para duas persoas no balneario de Augas Santas en Pantón; Nacho Baliña gañou unha comida para duas persoas na Ferrería de Rugando, e Juan Luis Aguado levou unha cesta de produtos típicos de Porvide.
 
          Os votos emitidos polos clientes determinaron que o tapa gañadora fose a do bar Quiper, ideada por Verónica Quintela. O establecemento gañador recibiu un premio en metálico de 100 €uros, así como unha copa honorífica.
 
          Todos os establecementos participantes, 19 en total, recibiron un diploma honorífico pala súa participación.
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario