12 abr 2013

O CENTRO SOCIAL CONMEMORA A VINDEIRA SEMANA O DÍA INTERNACIONAL DA ACTIVIDADE FÍSICA E DA SAÚDE


O Centro Social vai conmemorar o día Internacional da Actividade Física e o día Internacional da Saúde con duas actividades adicadas especialmente ao colectivo de socios do centro e as persoas maiores do concello.
A primeira das actividades realizarase o martes 16 de abril, e consistirá nunha ruta fluvial polo río Quiroga. Para esta actividade xa hai unha cincuenta persoas inscritas. Ás dez da mañá sairase dende as inmediacións do centro social en dirección ao parque das Vigas, por onde se entrará ao paseo fluvial. Aínda que nun principio se barallou a posibilidade de cubrir tamén o paseo polas beiras do río Sil tivo que descartarse porque está completamente anegado. Así recorrerase a ruta fluvial ata a Ribeira da Abaixo, para subir pola Hermida, o Regueiral e de Pacios de Mondelo novamente a Quiroga.
A ruta ten unha dificultade baixa, con 5 kilómetros, para facer nun tempo aproximado de duas horas. Ao remate da ruta, sobre as doce e media da mediodía, todos os participantes serán convidados a un viño español para celebrar o día internacional da actividade física.
Esta actividade está aberta para todas as persoas maiores do concello que queiran participar, previa inscripción no centro social.
A outra das actividades organizadas é unha actividade física con movemento rítmico. Esta actividade levarase a cabo o xoves 18 de abril a partir das catro e media da tarde. A actividade dirixida especialemnte aos participantes no obradoiro de actividades físicas, comezará coa proxección de distintos videos aeróbicoa e rítmicos de persoas maiores. A continuación comeza a sesión de actividades rítmicas coa fase de quecemento e de seguido ximnasia a través do movemento rítmico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario