Unha ducia de expertos de todo o territorio
nacional participarán os días 22, 23, e 24 de setembro nas III Xornadas de
Xeoloxía que oraniza o Grupo de Desarrollo Rural da Ribeira Sacra. Terán lugar
no salón de actos do Concello de Ribas de Sil e son a continuación das que xa
se levaran a cabo nos anos 2012 e 2015.
O obxetivo é promover o patrimonio xeolóxico da comarca e mellorar a súa explotación a
nivel turístico.
O venres 22, a partir das seis, inauguranse as
xornadas cunha recesión xeolóxica da candidatura a xeoparque mundial da Unesco
das montañas do courel.O domingo 24 pecharanse as xornadas cunha Ruta Xeolóxica
pola Devesa do Cervo.
Os
interesados en anotarse as xornadas pódeno facer no enderezo grupogdr8@yahoo.es.e tamén na casa de
cultura de Quiroga, onde lle darán toda ainformación necesaria.
Hai
dúas modalidades de inscripción:
Modalidade
A-gratuita: asistencia aos relatorios do venres e sábado pola mañá.
Modalidade
B-custe 20 euros con prazas limitadas a 60 persoas, con asistencia aos
relatorios do venres e sábado pola mañá, máis as visitas sobre o terreo do
sábado pola tarde e domingo.
Para
poder inscribirse hai que seguir o seguinte procedemento, enviar correo
electrónico indicando a modalidade escollida, nome, apelidos, dni, teléfono de
contacto e lugar de procedencia.
A
organización confirmará por correo electrónico, e por riguroso orde de
inscrición a reserva de praza, así como o número de conta onde realizar o
ingreso na modalidade B. A praza será firme unha vez efectuado o pago.
A
terceira edición destas xornadas sobre xeoloxía inclúen nove relatorios, con
expertos como Xosé Carlos Barros Lorenzo, Manuel García Ávila, Augusto Pérez
Alberti, José Angel Sánchez Fabián, Diego López Gonzalez, Roberto Martínez
Orio, Susana Timón, Daniel Ballesteros, Miguel Llorente Isidro e José Manuel
Salgado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario