O
Concello de Quiroga ven de sacar á rúa o folleto informativo da programación de actividades culturais, lúdicas, deportivas
e formativas para o vindeiro outono.
Nel recóllense as actividades ofertadas dende as áreas de infancia, igualdade,
educación, xuventude, deportes, cultura e Benestar; que teñen como destinatarios os distintos sectores da
poboación.
A
maiores destas actividades, ofertadas directamente polos distintos servizos
municipais, recóllense tamén actividades nas que o Concello de Quiroga colabora
con outros organizadores para deste xeito facilitar a diversificación da oferta
de ocio, formación e lecer.
O
obxectivo principal á hora de elaborar esta programación é a participación de
todos os cidadáns e para a súa consecución esta programación asentouse en
distintos piares:
- Diversificación de actividades: programamos para todas as
idades e para satisfacer distintos intereses.
- Aproveitamento dos recursos do contorno: infraestruturas
culturais e deportivas, recursos naturais, recursos humanos, etc, mediante
actividades.
- Colaboración entre as distintas áreas municipais para a
programación de actividades que son válidas para distintos sectores da
poboación.
Entre
as numerosas propostas para o tempo de ocio e lecer cabe salientar as
seguintes:
- Actividades deportivas
coma o funcionamento Escolas
Deportivas Municipais, o adestramento e competición dos equipos Quiroga F.C,
nas categorías de xuvenil e senior.
- En relación coa Área de
Educación salientamos a Ludoteca Infantil dous días por semana; as
clases de música e movemento, piano e guitarra en colaboración coa área de
xuventude.
- Dende a Área de Cultura ofértanse representacións teatrais
para todos os públicos (en colaboración coa Consellería de Cultura e coa
Deputación provincial mediante os programas “Ler Conta Moito” e “Buxiganga”,
respectivamente).
-
A maiores este departamento colabora con outros colectivos
par a relizsción de risoteatro, inglés
para maiores, teatro, pintura, informática ,etc.
-
A Área de Igualdade, a través do CIM ten programado clases de
Ioga, e actos para a conmemoración de datas sinaladas como son o Día
Internacional Contra a Violencia de Xénero ou o Día Mundial Contra o Cangro de
Mama.
-
Polo que respecta a Área de Benestar un taller de memoria, un taller cognitivo
e o curso de preparación de probas de Graduado en Eso para adultos e tamén curso
de preparación probas de avaliación en Competencias Clave.
-
A Área de Xuventude desenvolverá xornadas informativas de
emprendemento, o Certame de Relato
Curto, Campionatos nos Pubs e a semana informativa do carné xove no IES de
Quiroga.
-
-
A través da Rede de Dinamización Ligüística da Secretaría
Xeral de Política Lingüística da Xunta
de Galicia, Programa Falaredes, de Galicia o vindeiro día 7 de outrubro terá
lugar o espectáculo “Os Bolechas. De Chispa a Tatá Vou de Tui a Becerreá”.
-
-
O Museo Xeolóxico , en colaboración coa Área de Educación ten
programado un Obradoiro de Arqueoloxía para nenos.
A
información para participar nestas actividades pode solicitarse nos distintos
servizos municipais ou na Casa da Cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario