O vindeiro luns dará comezo o Campus de Verán de Voleibol Concello de
Quiroga, que se celebrará durante 5 días, entre o luns 16 e o venres 20 de
xullo.
Neste
caso, a primeira parte comezará todas as mañás ás 10:00h no Pavillón Municipal
de Quiroga para pasar ás Piscinas Municipais, onde se rematará cada día en
torno ás 13:30h.
O prezo é de 20€ e inclúe equipación. Coa
creación deste campus a Área de Deportes do Concello de Quiroga aumenta a súa
aposta por este deporte, que este ano xa contou con varios equipos quirogueses
competindo dentro do programa Xogade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario