O Moto Club A Curuxa de Quiroga xa presentou o cartel
da que vai ser a quinta edición da Concentración Mototurística. Terá lugar nos tres concellos
-Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel- e será os días 24, 25 e 26 de
agosto.
O
programa é moi completo e semellante ao de anteriores edicións:
O
venres día 24 abriranse as inscricións, haberá un obradoiro de camisetas para
nenos e nenas e un tatuador profesional, farán unha ruta nocturna e unha
homenaxe aos caídos e ademais organizarán unha pancetada e unha queimada. Un
concerto de Los Íñigos poñerá a guinda a esta primeira xornada.
O
sábado día 25, despois de almorzar realizarán unha ruta turística con paradas e
pinchos e á volta terá lugar a comida no Restaurante Las Vegas, en San Clodio.
Tampouco faltará o tradicional A Curuxa Minimoto GP, un circuito en minimoto
que este ano incorporará a modalidade infantil, ao término sortearán unha das
minimotos. Ao finalizar chegará un dos pratos fortes e unha exhibición que
congrega cada ano a centos de quirogueses e quiroguesas: o Stunt Show, con
Arrepiado Team e Acuko. A xornada complétase con hinchables para nenos e nenas,
touro mecánico, cea no recinto e festa con Armand Deejay.
O
domingo día 26 chegará o momento da despedida. O Proxecto de Xeoparque das
Montañas do Courel tamén terá presenza nesta concentración xa que a ruta final
consistirá nunha visita ao xeomirador. Unha sesión vermú e alborada moreira
acompañados dun grupo de música tradicional, uns pinchos de despedida e sorteos
completan o programa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario