A afamada Orquestra Panorama actuará en Quiroga como prato forte das Festas de Verán
2018. A actuación será o mércores 8 de agosto e terá lugar nas inmediacións do
Pavillón Municipal. A actuación será entre as 23:00 e as 2:00 e contará con
dous pases.
A Panorama, dentro da súa xira Deluxe Tour, contará cunha montaxe sobre
o escenario totalmente nova, con máis pantallas e iluminación e un deseño ao
máis alto nivel, ao que se sumarán un vestiario, un repertorio e unha posta en
escena nos que destaca a innovación para crear un espectáculo totalmente
sorprendente.
Nas Festas de Verán tamén actuará o grupo de música tradicional
Treixadura ou a Banda Folk de Ribas de Sil. A Festa da Xuventude, a da Cervexa
Artesá, a da Comunidade e a edición número 27 da Mostra da Mel, ademais doutras
moitas actuacións musicais e de rúa, completarán o amplo programa de festas que
confeccionou o Concello de Quiroga e no que aínda están a traballar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario