Un bo número de alcaldes de barrio
reuníronse esta mediodía nas instalacións do Centro Social da Terceira
Idade para participar na xuntanza anual da corporación cos representantes de
cada núcleo de poboación do municipio,
Nesta xuntanza anual, que se fai dende
hai 32 anos, faise balance do realizado durante o ano, á vez que os pedáneos
presentan as necesidades de cada núcleo para que a corporación as encaixe nos
presupostos que se elaborarán para o vindeiro exercicio.
O municipio de Quiroga conta nos seus
319 km2 de extensión con 119 núcleos, aínda que non todos están habitados.
Nesta xuntanza anual, en base ás peticións que realizan estes delegados da
alcaldía nos barrios, prográmanse as obras máis necesarias nestes núcleos para
realizar ao longo do 2019.
En canto ao balance do ano que está a
piques de rematar, o alcalde Julio Álvarez, informou aos asistentes á xuntanza
que se cumpriron todas as expectativas comprometidas cos núcleos, aínda que
falta executar unha parte das obras, retrasadas por problemas de administración.
Anunciou que esta mesma mañá se contratou o derradeiro paquete de obras
pendente, e que afectará basicamente ao arranxo de pistas da zona máis oriental
do municipio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario