O pasado mes de novembro comezaba a súa andaina un novo Obradoiro de Emprego
do que se benefician os concellos de Ribas de Sil, Folgoso do Courel e Quiroga.
Neste quinto SilLor os 20 alumnos e alumnas dos tres concellos reciben
formación teórica e práctica en especialidades relacionadas coa albanelaría e a
construción durante os seus nove meses de duración. O obradoiro conta coa
especialidade de Operacións auxiliares de albanelaría, de fábricas e cubertas,
no que están integradas as 7 persoas do
concello de Quiroga.
En Quiroga as obras nas que se traballará son a segunda fase de
ampliación do museo xeolóxico e a reforma interior do pavillón polideportivo
municipal. A reforma interior do pavillón municipal consistirá
na ampliación dos vestiarios e no cambio de localización dos baños.
No pavillón xa se comezou a traballar no cambio de baños que estaban situados
na planta baixa e que agora se construirán na parte superior, podendo acceder a
eles directamente dende as gradas. Aumentarase o espazo da grada na parte
superior, onde quedará espazo para unha pequena zona de cafetería.
En canto os vestiarios, dotarase duns novos secundarios e nos actuais
farase unha profunda reforma co fin de aumentar a superficie e facela máis
funcional.
Con estes traballos querese conseguir que os usuarios deste edificio
deportivo non teñan que pasar continuamente pola pista de xogo para poder
acceder a vestuarios, baños ou almacén.
Esta mañá os directivos do obradoiro, o concelleiro de deportes e o
alcalde achegáronse a supervisar os traballos nos que están a traballar os
alumnos deste novo obradoiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario