Continúa a desenvolverse a oitava edición do concurso
Quiroga de Tapas organizado polo Concello de Quiroga, xunto coa Asociación
Provincial de Hostelería de Lugo.
Nesta edición do
concurso que se prolongará ata este
venres participan 13 establecementos dedicados á restauración coas seguintes
tapas:
A Pedra: “Arroz
negro con calamares e alioli”.
Adega da María:
“Cristal transparente”
Ruxe-Ruxe:
“Xatecomo”
Ferreiriño: “Mar e
horta”
As Palmeras:
“Boliñas”
Casa Torres: “Polo
crocante con froitos vermellos”
Chapakuña 3:
“Paquetiños de delicias”
O Roxo Vivo: “Pé de
porco recheo de boletus con pataca panadeira en salsa de mencía con froitos
vermellos”
O Rego Gastrobar:
“Courel Mountains”
Quiper: “Nido de
pasta”
Taberna: Gambón en
salsa de pimenta negra”
Lago: “Turnedor ó
queixo de Cabrales”
Félix: “Corazón de
pataca con solombo en viño branco acompañada de champiñóns en salsa de cebola
caramelizada”.
A tapa presentada ó concurso, estará a disposición do
público consumidor nun número suficiente e razoable de unidades ou porcións, en
horario de 12:00 a 14:30 e de 19:00 a 22:30 horas.
Pola súa banda o local gañador da mellor tapa da presente
edición recibirá 100,00€ e unha placa conmemorativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario