2.098
quirogueses, unha participación moi alta xa que se acadou un 73.82%, acudiron
onte ás urnas paras participar nas eleccións xerais, para elixir entre as trece
candidaturas que se presentaban para elixir os representantes para o Congreso e
o Senado, as dúas cámaras que constitúen as Cortes Xerais.
Unha
vez máis a formación política máis votada foi o Partido Popular que con 1.059
votos acadou o 51% das papeletas destinadas á elección da Cámara Alta. Séguelle
con 578 votos o PSdeG- PSOE cunha porcentaxe do 27,9%. Podemo-EU-Mareas en
Común-Equoa acadou 157 votos, un 7’58 %. Cs 106 votos cun 5,12%. Séguenlle o
BNG con 71 votos, VOX con 57, PACMA con 12, En Marea con 10, Compromiso por
Galicia con 2 e Recortes Cero-GV con 1 voto.
19 votos foron emitidos en branco e 28 contabilizáronse como nulos.
En
canto ás mesas, nestas eleccións constituíanse cinco mesas electorais, unha
menos que nos anteriores comicios, xa que a mesa de Vilar de Lor pasou a
integrarse na da Casa de Cultura como xa a fixera anteriormente a de Montefurado
que se integrou na de Soldón.
No centro social de Quiroga instaláronse dúas
mesas, na mesa A podían votar 645 quirogueses, que teñen os apelidos comprendidos
entre as letras A e K. Recolléronse 464 votos, o que se traduce nunha
participación do 71,94%. Nesta mesa o PP acadou 222 votos (47,84%), PsdeG-PSOE
123 (26,51%), e a terceira formación máis votada, C’s acadou 34 votos seguida
moi de pretos de Podemos que acadou 33 votos. Séguelle BNG con 20 votos e Vox
con 13. Nesta mesa tamén se contabilizaron 2 votos en branco e 7 nulos.
Na
mesa B do Centro Social na que votaban os veciños da parroquia de Quiroga con
apelidos da L ata a Z, votaron 649 persoas, un 74’94% do seu censo. O 43,14%
dos votos foron para o PP, 280 votos. A segunda formación máis votada con 185
votos (28,51%) foi o PSdeG-PSOE. Podemos acadou nesta mesa 66 votos, C’s 45,
Vox 30 e BNG 19. Houbo 8 votos en branco e 9 nulos.
Na
casa da cultura de Quiroga, instalouse a mesa para os veciños das parroquias do
Nocedo e a Hermida ademais dos veciños do Lor Alto e do Lor Baixo. Nesta mesa, exerceron
o seu dereito a voto 309 veciños dos 416 censados, un 74,28€ de participación.
Nesta mesa o PP acadou 175 votos (56,63%), o PSdeG-PSOE 88 (28,48) e Podemos 18
votos. 11 votos foron para o BNG, 5 para C’s e 3 para Vox. Contabilizáronse
ademais 7 votos nulos e 1 en branco.
A mesa situada no muiño de Soldón, onde votaron
os veciños da zona de Sequeiros ata Vilarmel e Montefurado, acadou 255 votos,
un 71,03% do seu censo. o PSdeG-PSOE con 55 (21,57%) e Podemos con 15 votos.
Tamén houbo 9 votos para C’s, 7 para o BNG e 3 para Vox. Recibíronse tamén 3
votos en branco e 2 nulos.
Finalmente,
no centro social de Campos de Vila, podían votar as persoas empadroadas dende a
Parroquia de Hospital ata a parroquia da Seara. Acudiron as urnas 421 veciños
dos 556 censados, o que se traduce na participación máis alta de todas as mesas
do municipio, cun 75,72%. Nesta mesa o PP acadou 223 votos (52,97%), o
PSdeG-PSOE acadou aquí o seu mellor resultado cun 30,17% dos votos emitidos,
127 votos. Podemos acadou 25 votos, BNG 14, C’s 13 e Vox 8. Foron
contabilizados 5 votos en branco e 3 nulos.
Estes eran os votos acadados para o
Congreso dos Deputados, a papeleta de cor branco, pero tamén se votou outra papeleta
de cor sepia na que se marcaban os nomes dos representantes de cada partido,
para elixir aos 208 senadores. Nestas
papeleta aparecía o nome dunha Quiroguesa candidata ao Senado polo PP, a
concelleira de xuventude Rosa Mª Arza Rodríguez, que no noso municipio acadou
1.156 votos, o 57,37%. Seguida de José Manuel Barreiro Fernández (PP) con 1.115
votos (55,33), Manuel Lorenzo Varela Rodríguez(PP) con 1.081 (53,65%). Seguido
dos representante polo PSOE César Alejandro Mogo Zaro con 519 votos (25,76).
No hay comentarios:
Publicar un comentario