A
Consellería de Economía, Emprego e Industria fixo públicos os datos do paro do
mes de maio. A comarca de Quiroga baixou o seu número de parados neste mes en
20 persoas, situándose o número de parados en 268.
Segundo
datos da Xunta durante este mes de maio, no municipio de Quiroga houbo 179
persoas sen emprego, seis menos que no mes anterior, das que a maioría, 106,
buscaban emprego no sector servizos. A moita distancia séguelle o sector da
industria con 28 parados, 18 na construción, e 10 en agricultura e gandería.
Tamén
se contabilizan 17 persoas que aínda non atoparon o seu primeiro emprego.
A
Consellería de Economía, Emprego e Industria tamén fixo públicos que o parados
no concello de Ribas de Sil baixaron durante este mes en doce, situándose o
número de persoas sen emprego en 49; e en Folgoso do Courel o número de parados
diminuíu en dúas persoas quedando en 40 persoas no mes de maio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario