15 oct 2010

AS MULLERES DE QUIROGA CONMEMORARÁN O DÍA CONTRA O CANCRO DE MAMA CUNHA MARCHA POLO PASEO FLUVIAL

O Centro de Información á Muller do concello de Quiroga organizou unha marcha polo paseo fluvial do río Quiroga, co fin de conmemorar o día mundial da loita contra o cancro de mama.

A camiñata terá lugar o vindeiro martes día 19 de outubro, saíndo dende as inmediacións do Auditorio Municipal ás cinco e media da tarde e finalizando no merendeiro do paseo fluvial, na confluencia dos ríos Quiroga e Sil.

Aínda que a marcha está organizada dende o Centro de Información á Muller está aberta a todalas persoas que queiran solidarizarse con esta causa.

14 oct 2010

O CENTRO SOCIAL ABRE MAÑÁ UNHA EXPOSICIÓN DE MANUALIDADES DOS SEUS SOCIOS

O Centro Social abrirá a partir de mañá unha exposición que recolle os traballos realizados polos socios nos últimos obradoiros de manualidades.

Na exposición recollense máis de 80 traballos realizados polos socios que participaron nos obradoiros de manualidades dos anos 2009 e 2010, que se centraran na elaboración de bonecas de fantasía, traballos coa técnica do decoupage en madeira e cristal e o repuxado con estaño.

Cada participante nestes obradoiros aportou un máximo de tres traballos para formar parte desta exposición que está instalada na biblioteca do centro social e que se poderá visitar ata o día 31 de outubro, en horario de catro e media da tarde ata as oito do serán.

13 oct 2010

A GARDA CIVIL CELEBRA A FESTA DA SÚA PATRONA

A Garda Civil de Quiroga celebrou onte a festividade da súa patroa a Virxe do Pilar, acompañada por un bon número de familiares e amigos.

Os actos oficiales dereon comenzo coa celebración cunha misa na igrexa parroquial de San Martiño de Quiroga a partir das doce e media da mediodía, á que acudían numerosos veciños e personalidades políticas.

Tras a celebración dos actos relixiosos a numerosa comitiva trasladouse a un coñecido restaurante da vila onde poideron disfrutar dunhas tapas e un viño español.

8 oct 2010

A PISTA MULTIDEPORTIVA DO PARQUE DA CONSTITUCIÓN GRATUITAMENTE A DISPOSICIÓN DOS USUARIOS DENDE HOXE

Esta mañá traballadores dunha empresa privada colocaron as canastras e as porterías da pista polideportiva ó aire libre ubicada no parque da Constitución. Tras a colocación do mobiliario, a pista quedará aberta ó público dende esta mesma tarde e a disposición dos usuarios.

A pista é descuberta e conta con peches metálicos de catro metros de altura, de tal xeito que se poden practicar sen problemas deportes como tenis, baloncesto, balonmán ou voleibol.

Ó contrario da pista situada entre o Auditorio e o Colexio, que se centra preferentemente na práctica do tenis, polo que está pechada e para o seu uso é preciso solicitalo previamente na Casa da Cultura; a do parque da Constitución estará permanentemente aberta ó público.

A dotación destes dous espacios supuxo unha inversión de 60.000 €, inversión para a que o concello contou coa colaboración da Xunta de Galicia.

7 oct 2010

ULTIMADAS AS ACTIVIDADES QUE OFERTA O CONCELLO PARA O ÚLTIMO TRIMESTRE DO ANO

Os encargados de organizar as actividades que ofertará o concello de Quiroga para este último trimestre do ano reuníronse onte novamente na casa consistorial.

Unha vez máis cultura, muller, terceira idade, xuventude e infancia foron os colectivos representados para os que se ofertarán actividades. Nesta xuntanza xa se presentou o folleto no que se recollen todas as actividades e que se poñerá a disposición dos veciños.

Neste mes de outubro, continuarase cos obradoiros do programa de apertura dos centros educativos fora do horario escolar, coa ludoteca municipal, os cursos de natación na piscina de Monforte, as escolas deportivas de fútbol sala, atletismo e tenis e os bailes do centro social. O día 19 está prevista unha marcha de mulleres polo paseo fluvial para conmemorar o día mundial da loita contra o cancro. Tamén se desenvolverá un concurso de fotografía e outro de elaboración de tortilla española. Os máis pequenos poderán disfrutar ademais dunha festa de Halloween.

En novembro os protagonistas serán os actos organizados para conmemorar a festividade do San Martiño e o día da non violencia contra as mulleres. Ademais organizarase un curso de redes sociais, correo elctrónico, blogs e youtube dende a área de xuventude e retomarase o ciclo de representacións teatrais.

O mes de decembro estará centrado en todo o referente ó Nadal, con concursos para os máis novos, bingos e celebracións no centro social e o tradicional concerto de Nadal.

5 oct 2010

INICIADAS NUMEROSAS ACTIVIDADES COINCIDINDO CO INICIO DO MES DE OUTUBRO

Co inicio do mes de outubro comenzaron numerosas actividades organizadas tanto dende o concello de Quiroga como dende distintas asociacións que dan comenzo á tempada 2010 -2011.

Unha das primeira actividades en comenzar foron as clases de danza galega, que se impartirán os venres dende as cinco da tarde ata as seis no salón de baile do Centro Social da Terceira Idade. A partir das oito faríano as clases de música galega na Casa da Cultura, que se impartirán todolos venres dende as oito ata as dez da noite.

Ás oito do serán o concello de Quiroga en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística puxo en marcha un curso de galego, preparatorio para as probas do Celga 3. O curso de 75 horas de duración, impartirase no Colexio de Educación Infantil e Primaria dende as oito do serán ata as dez e media da noite.

A Asociación de Mulleres San Martiño oferta catro actividades para a tempada 2010/2011: Informática, Tenis, Manualidades e Bailes de salón.

O curso de manualidades, comenzou o pasado venres, e impartirase todolos venres dende as catro e media da tarde ata as seis e media nas instalacións do Colexio de Educación Infantil e Primaria.

Os bailes de salón deron comenzo o domingo, desenvolvendose no salón de baile do Centro Social os domingos de cinco e media da tarde a seis e media.

Esta tarde comenzará a actividade de tenis que se disputá na pista de tenis das inmediación do Auditorio os martes dende as seis da tarde ata as sete. E finalmente o curso de informática comenzá mañá, 6 de outubro, e impartirase os mércores de sete a oito da tarde no telecentro da casa da cultura.

O concello puxo en marcha o sábado o obradoiro de teatro para nenos e nenas de todas as idades. Esta actividade forma parte do porxecto de apertura de centros educativos fora do horario lectivo, cofinanciado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o concello de Quiroga e coa colaboración dos centros educativos locais.

Ademáis do obradoiro de teatro o programa inclue inglés, que comenzará mañá a partir das catro e media da tarde; téncinas de estudio, reforzo a través das técnoloxías da información e a comunicación, Técnicas de manexo e busca de información a través das novas tecnologías e habilidades de relación e comunicación social.

1 oct 2010

INAUGURADA UNHA NOVA SALA PARA ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVAS

O concello de Quiroga inaugurou esta mañá un novo equipamiento municipal para a práctica física e deportiva que conta con diferentes elementos para o exercicio físico.

A nova sala está ubicada na 1ª planta do Centro Social, cunha superficie de máis de 60 mts cuadrados e nela podense realizar exercicios de ximnasia con diferentes maquinas estáticas de carácter semiprofesional, como bicicletas elípticas, reclinadas, cintas de andar e remos, así como colchonetas, pesas, picas e balons.

Os beneficiarios do novo equipamiento municipal serán todalas persoas adultas do concello de Quiroga, así como os participantes do taller de ximnasia do Centro Social que funciona durante oito meses ó año.

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, encargado de inaugurar a sala xunto co concelleiro de Cultura e Deportes José Luis Rivera, calificou a posta en marcha da sala que acollerá o programa “Move as Pernas, move o corazón”, como moi interesante. Onde mediante unha actividade física cómoda e adecuada, se pode conseguir un grao de saúde e benestar mellorando a calidade de vida dos veciños.

Os elementos de ximnasia que ten a nova sala foron subvencionados pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.