7 oct 2010

ULTIMADAS AS ACTIVIDADES QUE OFERTA O CONCELLO PARA O ÚLTIMO TRIMESTRE DO ANO

Os encargados de organizar as actividades que ofertará o concello de Quiroga para este último trimestre do ano reuníronse onte novamente na casa consistorial.

Unha vez máis cultura, muller, terceira idade, xuventude e infancia foron os colectivos representados para os que se ofertarán actividades. Nesta xuntanza xa se presentou o folleto no que se recollen todas as actividades e que se poñerá a disposición dos veciños.

Neste mes de outubro, continuarase cos obradoiros do programa de apertura dos centros educativos fora do horario escolar, coa ludoteca municipal, os cursos de natación na piscina de Monforte, as escolas deportivas de fútbol sala, atletismo e tenis e os bailes do centro social. O día 19 está prevista unha marcha de mulleres polo paseo fluvial para conmemorar o día mundial da loita contra o cancro. Tamén se desenvolverá un concurso de fotografía e outro de elaboración de tortilla española. Os máis pequenos poderán disfrutar ademais dunha festa de Halloween.

En novembro os protagonistas serán os actos organizados para conmemorar a festividade do San Martiño e o día da non violencia contra as mulleres. Ademais organizarase un curso de redes sociais, correo elctrónico, blogs e youtube dende a área de xuventude e retomarase o ciclo de representacións teatrais.

O mes de decembro estará centrado en todo o referente ó Nadal, con concursos para os máis novos, bingos e celebracións no centro social e o tradicional concerto de Nadal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario