A Comisión formada por catro olivareiros e un enxeñeiro agrícola que no seu día fixou as condicións esixidas para poder facer uso da marca Aceite de Quiroga, reuniuse novamente na tarde de onte na casa consistorial.
A Comisión que fixara os requisitos de producción, elaboración e comercialización que se lles esixen os productores para acollerse ésta marca, tras a súa ratificación pola corporación municipal en sesión plenaria, tenta agora mellorar a calidade do aceite de Quiroga, valorar as espectativas de mercado e incluso poder chegar a acadar unha denominación de orixe.
Nesta xuntanza a comisión cambiou impresións sobre cales serían as áreas do municipio nas que se poderían recuperar zonas nas que tradicionalmente había oliveiras agora perdidas; e o que esta recuperación suporía para a producción.
Esta comisión creouse para supervisar que quenes usen a marca Aceite de Quiroga, cumpran uns requisitos tanto na producción e na elaboración como na comercialización do aceite; así como para regular e ordenar as plantacións de oliveiras.
Para que o aceite poida levar a etiqueta co nome de Aceite de Quiroga é requisito necesario que a materia prima proceda íntegramente da zona delimitada pola Comisión, ademáis deberase elaborar dentro do noso municipio e con aceitunas das variedades aceptadas pola Comisión.
O proceso productivo estará supervisado en todas as súas fases por unha persoa autorizada polo concello de Quiroga, que certifique que a densidade da plantación, o sistema de poda e recollida ou os tratamentos empregados están establecidos na lexislación vixente.
O aceite xa elaborado pasará unha serie de controis que certifiquen a calidade do producto, como análises organolépticas, físico-químicas e bacteriolóxicas.
Co fin de evitar fraudes o concello levará un rexistro de Plantacións de Oliveiras cos datos do seu titular e da plantación e un rexistro dos muiños existentes que poidan optar ó uso da marca rexistrada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario