14 oct 2010

O CENTRO SOCIAL ABRE MAÑÁ UNHA EXPOSICIÓN DE MANUALIDADES DOS SEUS SOCIOS

O Centro Social abrirá a partir de mañá unha exposición que recolle os traballos realizados polos socios nos últimos obradoiros de manualidades.

Na exposición recollense máis de 80 traballos realizados polos socios que participaron nos obradoiros de manualidades dos anos 2009 e 2010, que se centraran na elaboración de bonecas de fantasía, traballos coa técnica do decoupage en madeira e cristal e o repuxado con estaño.

Cada participante nestes obradoiros aportou un máximo de tres traballos para formar parte desta exposición que está instalada na biblioteca do centro social e que se poderá visitar ata o día 31 de outubro, en horario de catro e media da tarde ata as oito do serán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario