Esta mañá traballadores dunha empresa privada colocaron as canastras e as porterías da pista polideportiva ó aire libre ubicada no parque da Constitución. Tras a colocación do mobiliario, a pista quedará aberta ó público dende esta mesma tarde e a disposición dos usuarios.
A pista é descuberta e conta con peches metálicos de catro metros de altura, de tal xeito que se poden practicar sen problemas deportes como tenis, baloncesto, balonmán ou voleibol.
Ó contrario da pista situada entre o Auditorio e o Colexio, que se centra preferentemente na práctica do tenis, polo que está pechada e para o seu uso é preciso solicitalo previamente na Casa da Cultura; a do parque da Constitución estará permanentemente aberta ó público.
A dotación destes dous espacios supuxo unha inversión de 60.000 €, inversión para a que o concello contou coa colaboración da Xunta de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario