O Centro de Información á Muller do concello de Quiroga realizou onte unha marcha polo paseo fluvial do río Quiroga, co fin de conmemorar o día mundial da loita contra o cancro de mama.
Os participantes, sobre 50, concentráronse nas inmediacións do Auditorio Municipal ás cinco e media da tarde, onde as encargadas do CIM lles colocaban un lazo rosa, símbolo desta xornada.
A marcha que comenzaba no Auditorio finalizaba no merendeiro do paseo fluvial, na confluencia dos ríos Quiroga e Sil.
Aínda que a marcha estaba organizada dende o Centro de Información á Muller estaba aberta a todalas persoas que quixeran solidarizarse con esta causa. O obxetivo da xuntanza era expresar a súa solidaridade coas mulleres que sofren este problema e chamar a atención da sociedade sobre a necesidade de extremar as medidas preventivas e de prestar o apoio necesario ás afectadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario