15 abr 2013

A SEGUNDA RÉPLICA DO CRISMÓN XA ESTÁ EN QUIROGA


          Quiroga conta desde o venres cunha nova réplica do Crismón de Quiroga, a réplica chegou acompañada do delegado de Patrimonio do obispado de Lugo e dunha técnica do museo diocesano. O Crismón foi atopado no templo da Hermida en 1887 e que está considerado como a peza que testemuña os primeiros vestixios do cristianismo en Galicia. A peza é unha copia, realizada en pedra con gran detalle, que estivo na mostra sobre elementos pétreos máis importantes da comunidade montada ata hai pouco na Cidade da Cultura baixo a denominación Gallaecia Petrea.
          A recuperación deste símbolo do inicio do cristianismo en Galicia, aínda que sexa unha reprodución, cicatriza vellas disputas entre veciños e institucións. En máis dunha ocasión ao longo da historia demandouse que na igrexa colocásese polo menos unha réplica da peza, que está no Museo Diocesano de Lugo e que nin sequera se deixou levar á exposición, aínda que os intentos da Xunta foron considerables.
          Segundo o arquéologo lucense, Jaime Delgado Gómez, o Crismón formou parte dun mausoleo erixido en honor dalgún nobre romano, talvez un procónsul encargado de manter a orde no Noroeste español. Convertido ao Cristianismo, morreu nas proximidades da "vila de Quiroga, no que se chama a Hermida. E aquí levantáronlle os seus parentes e amigos un monumento funerario de singular grandeza e fermosura do que se conservan, ademais do Crismón, outros elementos incluídos nas paredes da igrexa parroquial.
         

         Trátase dun disco de mármore, de 95 cm. de diámetro e 6 de groso. A cara posterior está completamente lisa, sen adorno ningún; a anterior está limitada, ao exterior por dúas circunferencias de boliñas en forma de perlas, entre as que corre unha fermosa lenda en carácteres latinos do século V; e no interior o anagrama de Cristo en letras gregas é dicir, a j¡ e a ro superpostas, precedidas da alfa e seguidas do omega: unha combinación que en consonancia cun texto da Apocalipse (1,8) vén a dicir que Cristo é a alfa e o omega, é dicir, o principio e o fin da Historia.

        A inscrición marxinal, entre as dúas circunferencias concéntricas, está formada por dous versos latinos que, traducido ao castelán, significa: "O OURO É COUSA VIL PARA TI; NON DIGAMOS XA A PRATA; É MOITO MÁIS O QUE BRILLAS POLA TÚA PROPIA FELICIDADE".

        Tal inscrición só ten sentido se se dá por suposto que o personaxe a quen se dedica, era un home moi rico, que se converteu ao Cristianismo e mereceu ir ao Ceo.
          Os arqueólogos advirten que, dado o tipo de letra en baleirado, os carácteres estiveron enchidos dalgún metal precioso: ouro, prata ou bronce.

          Esta réplica que pasará a formar parte da igrexa da Hermida, aínda non se pode ver, xa que antes vanse realizar uns traballos de carpintería, porque a idea do párroco da parroquia, Jesús Río, é que forme parte do frontal da nova mesa de altar que se vai construir.
 
          A primeira réplica do Crismón foi doada pola Deputación Provincial de Lugo e atópase na entrada principal do Auditorio Municipal.
 

12 abr 2013

A CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL, ROSA QUINTANA, VISITOU ESTA MAÑÁ QUIROGA


Esta mañá visitaba Quiroga a conselleira do Mar e Medio Rural, Rosa Quintana. A primeira visita que fixo a conselleira foi a duas empresas situadas no polígono industrial de Quiroga, que recibiron axudas a través do GDR Ribeira Sacra: Ramos Metal, adicada a fabricación de estructuras metálicas e Teican, empresa de enxeñería ambiental especializada no campo das enerxías renovables.
Tamén se interesou pola alaboración moderna do aceite de Quiroga, polo que se desprazou ata Bendollo para visitar plantacións de oliveiras, tras o que visitou unha adega industrial na que tamén se  elabora aceite, Adegas Mondelo. Dentro da adega, en declaracións aos medio, a conselleira recoñecía que o que máis a impresionou desta visita foi ver as plantacións e oliveiras
A visita da conselleira remataba nas instalacións no Museo Etnográfico tras pasar antes polo Albergue Municipal.

O ALCALDE DE QUIROGA NOMEADO "MILAGROSISTA DO ANO 2013"


           Hoxe venres, nun acto que terá lugar a partir das oito e media da tarde, nun importante restaurante de Lugo, a “Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa”, a asociación máis importante da provincia, faralle entrega do premio “Milagrosista do Ano 2013” ao alcalde de Quiroga, Julio Alvarez.
 
          Esta asociación escolle todos os anos a unha serie de persoas da provincia de Lugo pola súa relevancia nun momento determinado. Nesta ocasión un dos escollidos foi o alcalde de Quiroga, como alcalde do ano na provincia de Lugo.
 
          Neste acto estarán presentes o presidente da Deputación Provincial, José Ramón Besteiro, o alcalde de Lugo, José Orozco e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

O CENTRO SOCIAL CONMEMORA A VINDEIRA SEMANA O DÍA INTERNACIONAL DA ACTIVIDADE FÍSICA E DA SAÚDE


O Centro Social vai conmemorar o día Internacional da Actividade Física e o día Internacional da Saúde con duas actividades adicadas especialmente ao colectivo de socios do centro e as persoas maiores do concello.
A primeira das actividades realizarase o martes 16 de abril, e consistirá nunha ruta fluvial polo río Quiroga. Para esta actividade xa hai unha cincuenta persoas inscritas. Ás dez da mañá sairase dende as inmediacións do centro social en dirección ao parque das Vigas, por onde se entrará ao paseo fluvial. Aínda que nun principio se barallou a posibilidade de cubrir tamén o paseo polas beiras do río Sil tivo que descartarse porque está completamente anegado. Así recorrerase a ruta fluvial ata a Ribeira da Abaixo, para subir pola Hermida, o Regueiral e de Pacios de Mondelo novamente a Quiroga.
A ruta ten unha dificultade baixa, con 5 kilómetros, para facer nun tempo aproximado de duas horas. Ao remate da ruta, sobre as doce e media da mediodía, todos os participantes serán convidados a un viño español para celebrar o día internacional da actividade física.
Esta actividade está aberta para todas as persoas maiores do concello que queiran participar, previa inscripción no centro social.
A outra das actividades organizadas é unha actividade física con movemento rítmico. Esta actividade levarase a cabo o xoves 18 de abril a partir das catro e media da tarde. A actividade dirixida especialemnte aos participantes no obradoiro de actividades físicas, comezará coa proxección de distintos videos aeróbicoa e rítmicos de persoas maiores. A continuación comeza a sesión de actividades rítmicas coa fase de quecemento e de seguido ximnasia a través do movemento rítmico.

10 abr 2013

DENDE O CONCELLO ORGANÍZASE UN OBRADOIRO DE COSTURA E OUTRO DE SCRAPBOOK


A concellaría de Educación, Benestar e Igualdade, dende a súa área da muller organiza un obradoiro de iniciación á costura que comezará o mércores 17 de abril.
O obradoiro que se centrará en puntadas e nocións básicas, arranxo de prendas e iniciación ao patronaxe e á confección; desenvolverase todolos mércores durante tres horas no Centro de Formación Ocupacional Pía Páxaro.
O outro obradoiro, organizado dende o departamento de xuventude do concello, en colaboración coa área de educación,é Scrapbook.
O scrapbook é o termo inglés para definir un libro de recortes, é dicir, a técnica de personalizar álbums de fotografías. Consiste en multitude de procesos creativos como o recorte, pegado ou colaxe para crear unha composición de memorias e recordos mediante as túas fotografías. Este divertido pasatempo de decorar aplícase tamén a cartas, poemas, convites ou todo aquilo que che propoña a imaxinación. Partindo de simples fotografías, revalorízanse os recordos con adornos de todo tipo (adhesivos, botóns, fitas, papeis especiais, flores secas, remaches, fíos...) e diversos estilos, dende o máis sofisticado ata o máis sinxelo, dependendo do gusto persoal.
O obradoiro gratuito, realizarase a partir do día 6 de maio, os luns, en horario de seis da tarde a oito, na aula da Ludoteca Municipal.
As persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente na Casa da Cultura, no teléfono 982.43.51.25.
 

 

5 abr 2013

O BISPO DE LUGO VISITA QUIROGA O DOMINGO


Este domingo, día 7 de abril, visitará Quiroga o bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, con motivo da celebración do ano da Fé.
Os actos organizados con motivo desta visita, consistirán na presentación do acto de Fé na igrexa parroquial de San Martiño de Quiroga ás doce da mañá, para continuar coa celebración da misa. A mediodía disfrutarase dunha comida fraternal e rematarase cunha peregrinación ata a igrexa da Hermida.
 

4 abr 2013

O BAR QUIPER GAÑADOR DO II CONCURSO QUIROGA DE TAPAS


        O Bar Quiper foi o gañador do II concurso Quiroga de Tapas coa tapa: Carrillera de porco celta con mousse de foie, adozada con confitura de figos da terra, salteado con fungos do Caurel ó curri e tella de queixo.
 
          O concurso de tapas, estaba organizado polo Concello de Quiroga en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería.
 
          A representante da zona sur da Asociación Provincial de Hostalería, Beatriz Vila, encargouse de contar os votos coa axuda da concelleira de Xuventude, Rosa Arza e do concelleiro de eventos, José Luis Rivera.
 
Entre as cartillas de votación realizouse o sorteo público no que tres participantes podían gañar diferentes agasallos. Así José Luis Martínez gañou unha estancia con circuito termal para duas persoas no balneario de Augas Santas en Pantón; Nacho Baliña gañou unha comida para duas persoas na Ferrería de Rugando, e Juan Luis Aguado levou unha cesta de produtos típicos de Porvide.
 
          Os votos emitidos polos clientes determinaron que o tapa gañadora fose a do bar Quiper, ideada por Verónica Quintela. O establecemento gañador recibiu un premio en metálico de 100 €uros, así como unha copa honorífica.
 
          Todos os establecementos participantes, 19 en total, recibiron un diploma honorífico pala súa participación.