6 nov 2014

O 18 DE NOVEMBRO A CASA DA CULTURA ACOLLE UN SEMINARIO SOBRE AGRICULTURA E GANDERÍA ECOLÓXICA

O salón de actos da Casa de Cultura acollerá o vindeiro 18 de novembro un seminario sobre Agricultura e Gandería Ecolóxicas. A charla divulgativa versará entre outros temas sobre a producción ecolóxica, normativa e certificación, producción animal e vexetal na explotación ecolóxica e sobre todo tipo de axudas.
 
 Todas as persoas interesadas en asistir poden realizar as inscripcións no concello ou a través do correo electrónico asociación.dpe@gmail.com ou no teléfono 678 64 55 49. O horario será dende as 4 da tarde as dez da noite.


O seminario está organizado pola asociación DEPROECO, e nel colabora o Concello de Quiroga e está financiado polo Ministerio de Agricultura e a Xunta de Galicia.

5 nov 2014

O MUSEO XEOLÓXICO DE QUIROGA ORGANIZA DOUS OBRADOIROS, UN DE ARQUEOLOXÍA E OUTRO DE XEOLOXÍA

     O Museo Xeolóxico de Quiroga está organizando dúas actividades para o este mes de Novembro.

     A primeira delas terá lugar o domingo día 23, e consiste en Palentoloxía de Campo : Viaxe por Laciana, Babia e Barrios de Luna para visitar os xacementos de fósiles de: Orallo, Lumajo e Museo de Interpretación del Cámbrico en Miñera. A saída  será as oito da mañá dende a casa da cultura e nesta actividade estarán acompañados polo biólogo-naturalista Guillermo Díaz Aira. O prezo desta actividade será de 10 euros por persoa.

A segunda das actividades terá lugar o sábado 29 de novembro ás dez da mañá nas instalacións do Museo Xeolóxico e abrirase cunha charla de Metodoloxía Arqueolóxica, a cargo da Arqueóloga Tania Arias Canceliña.O xacemento, as once e media da mañá comezará a visita e Charla ao Castro da Torre en Sobredo no concello de Folgoso de Caurel, esta actividade correrá a cargo do Arqueólogo Iván Álvarez Merayo. Esta actividade ten un prezo de 5 euros por persoa.

O prazo xa está aberto e para poder recibir máis información ou inscribirse é necesario acudir a casa da cultura persoalmente ou chamar (Teléfono 982435125). Esta actividade está organizada dende a Área de Cultura do Concello de Quiroga en coloboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial.



O CONCELLO DE QUIROGA ABRE DE NOVO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO CURSO BÁSICO DE PRIMEIROS AUXILIOS:ACTUACIÓNS ANTE ACCIDENTES LABORAIS PARA O SECTOR AGRO-GANDEIRO E FORESTAL

A Conselleria de Traballo e Benestar do Instituto Galego de Seguridade e Saude Laboral, a través dunha cofinanciación do Ministerio de Agricultura ,Alimentación e Medio Ambiente a través do programa de desenvolvemento Rural Sostible, coa colaboración do Concello de Quiroga abre de novo o prazo para inscribirse no Curso Básico de Primeiros Auxilios: Actuacións ante os accidentes laborais para o sector agro-gandeiro e forestal.
O obxectivo deste curso é dotar os traballadores do sector agro gandeiro e forestal dos coñecementos e habilidades básicas e necesarias para prestar, o máis eficazmente posible, os primeiros auxilios ante unha situación de urxencia producida por un sinistro laboral.
O curso vai destinado a persoas traballadoras ocupadas e desempregadas do sector agro gandeiro e forestal, e que estén empadroados en Quiroga, Folgoso do Courel ou Ribas de Sil; ou que traballaaran ou traballen nun centro de traballo situado nun concello de plan de zona...
O curso que consta de 20 horas, 4 ó día, impartiríase no Telecentro da Casa da Cultura dende o día 24 de novembro  ata o día 28 de novembro, en horario de tarde. O número mínimo  de prazas son 15 persoas e o máximo  20 alumnos.

As persoas interesadas en participar poden entregar as solicitudes no concello de Quiroga, dende onde se remitirán ao Instituto Galego de Seguridade e Saude Laboral, antes do mércores 19 de novembro.

4 nov 2014

O CONCELLO DE QUIROGA XA TEN ORGANIZADOS OS ACTOS PARA A CELEBRACIÓN DO SAN MARTIÑO

Numerosas actividades  organizadas dende o Concello con motivo da  festa do San Martiño, patrón da vila, que comezarán xa este sábado día 8 as seis da tarde co acto de entrega da Medalla de Ouro a Don Manoel Carrete Rivera, acto que terá lugar no salón de actos da Casa do Concello.
 As sete a compañía Nostrum Cai presenta a obra teatral “Radio Universo” no Auditorio Municipal.

Dentro das actividades deportivas o domingo día nove as doce do mediodía terá lugar a xa tradicional Carreira Popular San Martiño, na carreira de caracter local, haberá como sempre varias categorías para rapaces e rapazas de 6 a 15 anos, a saída e meta estará situada diante da Casa Consistorial e o recorrido será dentro da casco urbán. As catro e cuarto e no campo do San Martiño o F.C.Quiroga enfróntase o Garabolos.

O martes, día de San Martiño e festa local, as once menos cuarto pasarúas a cargo da Banda de Gaitas polas rúas do pobo, ás doce da mediodía se o tempo o permite celebrarase a procesión na que o Santo homenaxeado recorrerá a Praza Maior. Ao remate dos actos relixiosos actuarán o grupo de danzas Arume da Queiruga acompañado da banda de gaitas San Martiño.

Pola tarde, a partir das catro, xogos populares para os máis pequenos e a partir das sete da tarde castañas  asadas e  viño novo, amenizadas pola música do duo Fondo Tropical.Nun descanso da festa, sobre as nove da noite terá lugar a entrega de premios dos os rapaces que participen nos xogos populares.

3 nov 2014

A OFICINA DE XUVENTUDE ORGANIZA O X CERTAME DE RELATO CURTO

A oficina de xuventude organíza o X Certame de Relato Curto, de tema libre, e no que poden participar todas as persoas co desexen con tantos relatos curtos como queiran.

 Os relatos poden estar escritos en castelán ou en galego cunha extensión máxima de vinte folios e mínima de dous, mecanografados ou a ordenador por unha sóa cara, por duplicado e sen firma.

 Os datos do autor/a, dirección e teléfono presentaránse dentro dun sobre pechado. No exteriror figurará o título do relato e a categoría na que participa, xuvenil ou adultos dependendo de se o autor ten menos de 18 anos ou máis.
 Os traballos pódense enviar por correo ou entregalos persoalmente na Casa de Cultura de Quiroga ou na Oficina de Información Xuvenil, antes do 5 de decembro de 2014.

 Premiaranse os tres mellores relatos de cada categoría. Os premios consistirá,  para o primeiro nun e-book, o segundo unha obra de relatos e o terceiro premio unha placa conmemorativa.

O fallo do xurado será inapelable. Comunicaráselles ós gañadores a data fixada polo Concello para a entrega dos premios.O concello reservase o dereito a deixar o certame deserto.


14 oct 2014

O CONCELLO DE QUIROGA CONCEDERÁ AXUDAS AOS ESTUDANTES QUE TEÑAN QUE DESPRAZARSE FORA DO MUNICIPIO

 Dende a área de Xuventude do concello de Quiroga, e para o curso escolar 2014/2015, concederánselle axudas a todos aqueles estudantes, empadroados en Quiroga, que cursen os seus estudos fóra do val.

Para poder optar a estas axudas, de ata 200 €uros por persoa, teñen que acudir á Casa de Cultura ou á Oficina Municipal de Xuventude e cubrir unha solicitude cos seus datos. Ademais deberán adxuntar un certificado de empadroamento e unha copia da matrícula, durante o curso escolar, ademáis de aportar, cando lles seña posible, os tickets do medio de transporte que utilicen ou do gasóleo ou gasolina, no caso de utilizar un vehículo propio.

O concello aboará a cada solicitante unha cantidade máxima de 200 €uros, da que se pagará en decembro un 60% e no mes de xuño o 40% restante.


9 oct 2014

QUIROGA ACOLLERÁ UN CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS ANTE ACCIDENTES NO SECTOR AGRO GANDEIRO E FORESTAL

A Conselleria de Traballo e Benestar do Instituto Galego de Seguridade e Saude Laboral, en colaboración co Concello de Quiroga vai impartir un Curso Básico de Primeiros Auxilios: Actuacións ante os accidentes laborais para o sector agro gandeiro e forestal.

O obxectivo deste curso é dotar os traballadores do sector agro gandeiro e forestal dos coñecementos e habilidades básicas e necesarias para prestar, o máis eficazmente posible, os primeiros auxilios ante unha situación de urxencia producida por un sinistro laboral.

O curso vai destinado a persoas traballadoras ocupadas e desempregadas do sector agro gandeiro e forestal, e que estén empadroados en Quiroga, Folgoso do Courel ou Ribas de Sil; ou que traballaaran ou traballen nun centro de traballo situado nun concello de plan de zona.

O número de prazas mínimo será de 15 alumnos ata un máximo 20 alumnos.

O curso que consta de 20 horas, 4 ao día, impartiríase no Telecentro da Casa da Cultura dende o día 27 ata o día 31 de outrubro, en horario de tarde.

As persoas interesadas en participar poden entregar as solicitudes no concello de Quiroga, dende onde se remitirán ao Instituto Galego de Seguridade e Saude Laboral, antes do venres 17 de outubro.