5 nov. 2014

O CONCELLO DE QUIROGA ABRE DE NOVO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO CURSO BÁSICO DE PRIMEIROS AUXILIOS:ACTUACIÓNS ANTE ACCIDENTES LABORAIS PARA O SECTOR AGRO-GANDEIRO E FORESTAL

A Conselleria de Traballo e Benestar do Instituto Galego de Seguridade e Saude Laboral, a través dunha cofinanciación do Ministerio de Agricultura ,Alimentación e Medio Ambiente a través do programa de desenvolvemento Rural Sostible, coa colaboración do Concello de Quiroga abre de novo o prazo para inscribirse no Curso Básico de Primeiros Auxilios: Actuacións ante os accidentes laborais para o sector agro-gandeiro e forestal.
O obxectivo deste curso é dotar os traballadores do sector agro gandeiro e forestal dos coñecementos e habilidades básicas e necesarias para prestar, o máis eficazmente posible, os primeiros auxilios ante unha situación de urxencia producida por un sinistro laboral.
O curso vai destinado a persoas traballadoras ocupadas e desempregadas do sector agro gandeiro e forestal, e que estén empadroados en Quiroga, Folgoso do Courel ou Ribas de Sil; ou que traballaaran ou traballen nun centro de traballo situado nun concello de plan de zona...
O curso que consta de 20 horas, 4 ó día, impartiríase no Telecentro da Casa da Cultura dende o día 24 de novembro  ata o día 28 de novembro, en horario de tarde. O número mínimo  de prazas son 15 persoas e o máximo  20 alumnos.

As persoas interesadas en participar poden entregar as solicitudes no concello de Quiroga, dende onde se remitirán ao Instituto Galego de Seguridade e Saude Laboral, antes do mércores 19 de novembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario