19 nov 2014

XORNADAS FORMATIVAS PARA FAMILIARES COIDADORES DE PERSOAS CON ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS

Quiroga acollerá os día 27 e 28 de novembro unha xornadas formativas para familiares e coidadores de persoas con alzheimer e outras demencias.
Estas charlas organizadas por AFAMON, asociación de familiares de enfermos de Alzheimer, en colaboración co concello de Quiroga, están patrocinadas polo Servizo Galego de Saúde; e están dirixidas á poboación en xeral, aínda que prioritariamente a familiares de persoas con Alzheimer ou outra demencia e a profesionais e estudantes do ámbito sociosanitario.
Con estas xornadas preténdese facilitarlle aos participantes unha visión integral das demencias e dos coidados que necesitan as persoas enfermas para que os coidadores, sen esquecer o seu propio coidado, adquiran os coñecementos básicos que lles axuden a ofrecer atencións de calidade aos seus familiares enfermos.
A primeira das xornadas, que comezará o xoves 27 a partir das cinco menos cuarto da tarde, na casa da cultura, contará cunha charla sobre a prevención na enfermidade do Alzheimer a cargo do neurólogo do Hospital de Monforte, Daniel García Estévez. A continuación un enfermeiro do SERGAS falará sobre os coidadeos de enfemería nesta enfermidade.
O venres, día 28, a xornada comezará a partir das cinco e media da tarde cando unha fisioterapeuta fale sobre a fisioterapia para as persoas con Alzheimer. E rematará coa intervención da eduadora social de AFAMON, falando dos beneficios da estimulación cognitiva nas persoas con estas enfermidades.

As persoas interesadas en participar deben de inscribirse nas oficionas de servizos sociais do concello, onda tamén recibirán máis información.

No hay comentarios:

Publicar un comentario