28 nov 2014

PUBLÍCASE NO B.O.P. O EXPEDENTE DE EXPROPIACIÓN DOS TERREOS PARA O APARCADOIRO DO CEMITERIO DE HOSPITAL

O Boletín Oficial da Provincia publicou onte xoves o expedente de expropiación forzosa dos terreos necesarios para a execución do proxecto de “Habilitación dunha zona de aparcadoiro público xunto ao Cemiterio Parroquial de San Salvador de Hospital”.

Dacordo coa Lei  sobre expropiación Forzosa e o Decreto polo que se aproba o Regulamento da Lei de Expropiación Forzosa, comunícaselle, aos interesados nas parcelas  número 925, cunha superficie de 810 metros cadrados, e a parcela 1335, de 934 metros, ambas dentro do Polígono 72, e coñecidas co nome de o Caneiro; que se abre  un período de 20 días, dentro do cal se lle require para que manifesten a súa conformidade expresa coa valoración establecida destes terreos.

A primeira das parcelas  está valorada en 4.860 € e a segunda ascende á cantidade de 5.884,20 €. Os propietarios deberán manifestar a súa conformidade nesta cantidade, ou en caso de non ser así, propoñer un prezo no que se estimen as parcelas para chegar a un prezo de mutuo acordo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario