14 nov. 2014

RESINTONIZACIÓN DAS CANLES DE TELEVISIÓN

Os veciños do municipio xa poden resintonizar os seus televisores para poder ver todas as canles de televisión. Unha vez actualizados os repetidores situados na Moá, en Bendilló e en San Pedro de Lor; todos os usuarios xa poden sintonizar todas as canles na súa frecuencia de emisión definitiva.
Aínda que nun principio nos edificios se falaba da necesidade de que tivesen que ser necesarios os servizos dun antenista, nun principio non vai ser necesario en todos os edificios, polo que primeiramente deberase tentar a resintonización directamente en cada televisor a través do seu mando. De non ser posible a resintonización entón si debería acudir o antenista. Para estes usuarios o ministerio de Industria lanzou un programa de axudas para que as comunidades de propietarios de Galicia adapten as súas antenas colectivas o novo sistema de transmisión dixital terrestre TDT, que se vai levar a cabo ata o 31 de decembro.
 As axudas varían en función do tipo de antena e van dende os 100 ata os 550 euros. As axudas solicitaranse por parte das comunidades de propietarios. Poderán representar a comunidade, o presidente da mesma, o administrador autorizado pola comunidade ou o propio instalador que realice a adaptación en nome de dita comunidade. O que sí é requisito imprescindible é que os traballos os realicen instaladores autorizados polo Ministerio de Industria.
Neste momento todas as canles existentes están en funcionamento na súa canle definitiva. Dende onte xoves, xa está emitindo tamén a canle que faltaba, Teledeporte polo repetidor de A Moá na canle 41. Agora sí xa é  recomendable que todos os veciños resintonicen os seus televisores.
También están reprogramadas as canles dos micro-reemisores de Bendilló, San Pedro de Lor e Vilaester.

Esta non será a última modificación que o goberno levará a cabo en canto ás televisións, xa que a finais de febreiro do vindeiro ano poñeranse en marcha as canles 26 e 36 que emitirán novas sinais de televisión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario