4 nov 2014

O CONCELLO DE QUIROGA XA TEN ORGANIZADOS OS ACTOS PARA A CELEBRACIÓN DO SAN MARTIÑO

Numerosas actividades  organizadas dende o Concello con motivo da  festa do San Martiño, patrón da vila, que comezarán xa este sábado día 8 as seis da tarde co acto de entrega da Medalla de Ouro a Don Manoel Carrete Rivera, acto que terá lugar no salón de actos da Casa do Concello.
 As sete a compañía Nostrum Cai presenta a obra teatral “Radio Universo” no Auditorio Municipal.

Dentro das actividades deportivas o domingo día nove as doce do mediodía terá lugar a xa tradicional Carreira Popular San Martiño, na carreira de caracter local, haberá como sempre varias categorías para rapaces e rapazas de 6 a 15 anos, a saída e meta estará situada diante da Casa Consistorial e o recorrido será dentro da casco urbán. As catro e cuarto e no campo do San Martiño o F.C.Quiroga enfróntase o Garabolos.

O martes, día de San Martiño e festa local, as once menos cuarto pasarúas a cargo da Banda de Gaitas polas rúas do pobo, ás doce da mediodía se o tempo o permite celebrarase a procesión na que o Santo homenaxeado recorrerá a Praza Maior. Ao remate dos actos relixiosos actuarán o grupo de danzas Arume da Queiruga acompañado da banda de gaitas San Martiño.

Pola tarde, a partir das catro, xogos populares para os máis pequenos e a partir das sete da tarde castañas  asadas e  viño novo, amenizadas pola música do duo Fondo Tropical.Nun descanso da festa, sobre as nove da noite terá lugar a entrega de premios dos os rapaces que participen nos xogos populares.

No hay comentarios:

Publicar un comentario