29 ene 2010

ACTIVIDADES CENTRO SOCIAL

O Centro Social para a terceira Idade organizou as actividades que lles vai ofrecer os seus socios durantes os meses de febreiro, marzo e abril.

No mes de febreiro destacan as actividades encamiñadas á celebración do entroido cunha xornada de animación e convivencia o luns día 15, na que os socios estarán convidados a roscas e sangría; e un baile de disfraces con premios en metálico á participación o martes 16.

Durante este trimestre continuarase co obradoiro de ximnasia e co de memorio social, os xoves, que nesta etapa centrarase nas herbas e plantas máxica, coa identificación e recollida das plantas para a elaboración dun herbario e a entrega dunha guía de plantas medicinais para cada participante.

Tamén se poñerá en marcha o dez de febreiro un novo obradoiro de manualidades, nesta ocasión coa téncica de repuxado de estaño, co forrado de estaño sobre madeira e sobre vidrio.

No mes de marzo, realizarase un concurso de elaboración de tortilla española, con premios para as tres mellores tortillas.

No mes de maio o centro realizará varias excursión encamiñadas a gañar o xubileo.

28 ene 2010

QUIROGA SOLICITARÁ MÁIS DE 60 EMPREGOS NO PLAN DE COOPERACIÓN

O rexedor local, Julio Alvarez, desprazouse onte ata Santiago para participar na comisión mixta de seguimento do convenio do Plan Laxa, cuxa renovación foi descartada pola Xunta.

Esta mañá o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, mostrouse moi satisfeito polo compromiso da consellería e dixo que, o concello de Quiroga solicitará poder empregar a máis de sesenta parados polo peche de louseiras, pero será a Xunta quen terá que conceder estes empregos.

26 ene 2010

BASES DAS COMPARSAS DE ENTROIDO

O concello fixou as bases para participar no concurso do desfile de comparsas de entroido que terá lugar o domingo 14 de febreiro.

* Poderán participar todas as comparsas que o desexen tanto do noso concello como de outros, sempre e cando esten integradas por dez membros como mínimo.
* Establecéronse os seguintes premios. O primeiro premio dotado con 500 €; o segundo con 250€, o terceiro de 150€. As demáis comparsas participantes recibirán 60 €.
* Ademáis das comparsas poderán participar disfraces individuais, nesta modalidade o máximo será de tres membros por disfraz, establecéndose un único premio para esta modalidade de 60 €.
* O xurado estará integrado por un membro de cada comparsa participante, que valorará especialmente a orixinalidade dos disfraces, a coreografía e a escenografía.
* O desfile comenzará a partir das cinco da tarde, dende a rúa Praia e recorrerá a rúa Real ata a Casa da Cultura.O seu remate haberá unha festa de disfraces amenizada polo dúo Luna.

As comparsas que desexen participar xa se poden inscribir na casa da cultura, ben persoalmente ou a traverso do teléfono 982.43.51.25, antes do día 11 de febreiro.

25 ene 2010

101 CUMPREANOS

Quiroga é terra de centenarios, polo menos son numerosos os veciños que chegan a acadar esa idade e incluso a superalos. É o caso da señora Concepción Rodríguez Regueiro, que onte celebrou os seus 101 anos.

A súa familia máis achegada quixo organizar unha festa para tal celebración. O rexedor local, Julio Alvarez, e a concelleira da área social, Ana Núñez, quixeron felicitar persoalmente á homenaxeada á vez que lle fixeron entrega dunha placa conmemorativa coa felicitación de todos os quirogueses.

Ademáis a foto desta veciña colgará pronto da parede da casa consistorial, que acolle os últimos centenarios do municipio.

21 ene 2010

CINCO OLIVAREIROS NA MOSTRA DO ACEITE

Cinco olivareiros participarán na Mostra do Aceite que se celebrará o día 7 de marzo no lugar das Farrapas en Bendilló: Jesús Bao Mondelo, Manuel Mondelo Rodríguez,Guillermo Nogueira Veloso, Luis Vicente Arias Prieto e Inocencio Ogando García.

A selección dos participantes fixose tendo en conta un riguroso orden de inscripción nas oficinas municipais por rexistro de entrada e un resultado aceptable da análise química e organoléptica que determinará o laboratorio especializado que dispoña a comisión organizadora. Ademáis a comisión organizadora recollerá mostras ó azar para a súa cata no recinto feiral o mesmo día da mostra.

O evento contará nesta edición cunha alta produción de aceite xa que segundo os olivareiros da zona a recolección das aceitunas quese realizou no mes de decembro foi moito máis abondante que a do pasado ano, o que se traduxo nunha cantidade tamén moi superior en aceite.

Esta será a primeira edición que se celebra tras a concesión ó concello de Quiroga do título de rexistro da marca “Aceite de Quiroga”. O concello asegúrase deste xeito que ningúen alleo a él ou que non conte coa súa autorización poida producir, comercializar, distribuir, promover ou calquera outra actividade relacionada co aceite, empregando a denominación de “Aceite de Quiroga”.

20 ene 2010

PRIMEIRA REUNIÓN ACTIVIDADES 2010

Esta mañá reuníronse na casa cosistorial os encargados de levar a cabo as actividades culturais e de ocio que se van ofertar dende o concello para o primeiro semestre deste ano.

As actividades centraronse nesta primeira xuntanza no Entroido e en actos relacionados coa celebración das Letras Galegas, ademáis da Mostra do Aceite e da Feira do Viño.

Tras esta primeira xuntanza, na que cada departamento (Cultura, deportes, muller, xuventude e terceira idade) aportou as súas ideas, realizaranse máis reunións nas que se vaian organizando as actividades que finalmente decidan levarse a cabo.

Unha vez perfiladas estas actividades, plasmaranse nun folleto para que todolos veciños estén informados de cales son as actividades ofertadas e nas que poden participar.

19 ene 2010

ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NA FEIRA DO VIÑO

O concello de Quiroga abriu o prazo para participar na XXVIII Feira do Viño que terá lugar os días 3 e 4 de abril. Os colleiteiros interesados en participar nesta edición deben dirixirse ó concello antes do día 1 de febreiro.
Os requisitos esixidos para participar son:

* Ter unha cantidade mínima de 200 botellas de viño branco e 250 de viño tinto para presentar na feira, e outra cantidade igual ou superior na adega.

* Ter unha graduación alcohólica mínima de 12 graos para o viño branco e de 11 e media para os tintos.

* A acidez volatil máxima será de 0,5 gr. acético/litro para os brancos e de 0,6 gr. Acético/litro para os tintos.

* Ademáis os colleiteiros que teñan seleccionado o seu viño para participar na feira deberán abonar a cantidade de 100 euros.