O concello de Quiroga, en colaboración coa
Consellería de Traballo e Benestar, vai poñer levar a cabo un curso de monitor
de tempo libre, homologado pola Xunta de Galicia.
O curso intensivo, terá unha duración de 200
horas e impartirase durante as fins de semana dos meses de marzo, abril e maio.
O inicio está previsto para o sábado día 12 de marzo, en horario de nove da
mañá a duas da mediodía, e pola tarde, dende as catro ata as nove.
O concello de Quiroga aporta o 50% do prezo da
matrícula para os empadroados no noso municipio polo que tería un custo de 110
€; para os demais, o prezo do curso sería de 215 €.
Para máis información ou para formalizar as
inscripcións deben dirixirse á Casa da Cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario