Este sábado haberá unha nova entrega do
progama “Contacontos en Inglés”, que o concello de Quiroga, a través da Área de
Educación e Infancia, puxo en marcha para
todos os nenos e nenas do municipio.
O obxectivo desta actividade é contribuír ao
achegamento das nenas e dos nenos a unha nova lingua e cultura para lograr a comunicación
na lingua estranxeira de igual xeito que
nas linguas ambientais.
A
través dos contacontos, mediante unha metodoloxía lúdica e participativa, trátase
de complementar a formación académica dos nenos e nenas no tempo de ocio
e lecer.
Esta actividade, gratuíta, desenvolveráse todos os sábados, entre as doce da mediodía e
a unha da tarde, no Salón de Actos da Casa da Cultura
No hay comentarios:
Publicar un comentario