O Concello de Quiroga a través da Área de Xuventude, convoca o 5ª
edición do Concurso "Quiroga de
Tapas" que este ano se desenvolverá entre os días 17 e 25 de marzo.
Nesta edición
participan vinte establecementos da vila: Adega de María, Vinoteca Quiroga, Bar as Palmeras, Bar o
Portón, Bar Raposo, Bar Quiper, A Taberna, Pub Ruxe-Ruxe, Bar Lago, Bar Félix, Restaurante o Roxo Vivo,
Casa Torres, Bar Chapakuña 3, O Recuncho de Dino, Mesón Ferreiriño, Mesón
Escaleira, Restaurante Dimar, Parrillada
a Barca, Bar Dakar e Mesón da Clara.
Na presente edición
hai numerosos premios para as persoas que completen o circuito e emitan o seu
voto á mellor tapa entre todas as participantes. Así poden optar a un premio
de 300,00€ en metálico; un circuito
termal, con estancia, almorzo e comida no Balneario de Augas Santas(Pantón) para
dúas persoas; unha estancia e almorzo para dúas persoas na Hospedería Ferrería
de Quintá; unha estancia para dúas persoas na Aldea Rural “O Busto” (Pobra de
Brollón); unha noite para dúas persoas no Hotel Conde de Lemos (Monforte); varias
comidas ou ceas para dúas persoas en diversos establecementos; unha visita ás
instalacións e degustación de Viño para catro persoas no Centro doViño Ribeira
Sacra; ou un lote de productos típicos
de Caurelor, Lar de Ricobao, Porvide e Morriña.
Pola súa banda o local
gañador da mellor tapa da presente edición recibirá100 € e unha praca
conmemorativa.
En
breves días cada establecemento partipante dará a coñecer a tapa coa que
participa no concurso. O Concello distribuirá nos locais participantes
cartillas de votación “tapacartóns”, a disposición gratuíta do público
consumidor, que será quen determine o gañador do concurso. Ademáis, en todos os
establecementos participantes, estarán situadas as urnas oficiais de votación.
A
tapa presentada ó concurso, deberá estar exposta de forma destacada, así como a
disposición do público consumidor, a un precio de venda ó público de 1,50 €.
No hay comentarios:
Publicar un comentario