O concello de Quiroga está adherido ao programa do Bono de Alugueiro
Social do Plan RehaVita da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestructuras da Xunta de Galicia.
A Xunta
ten aberto o prazo de solicitude de axudas deste bono tras a publicación o 30
de decembro no Diario Oficial de Galicia (DOG) da convocatoria pola que se
poden solicitar estas subvencións. Dado que as axudas teñen carácter
plurianual, os fondos destinados a estas axudas distribúense en tres anos.
As axudas, cun importe de 150 euros mensuais,
concédense por un período de ata 12 meses, que poderá prorrogarse, previa
solicitude do interesado, por un período igual ao da concesión inicial ata un
máximo de dous anos.
A
maiores, o programa contén unha axuda adicional de 450 euros para cubrir os
gastos de formalización dun novo contrato de alugueiro ou, no caso de
permanecer na mesma vivenda, para atender pagos pendentes.
O
obxectivo do Bono de Alugueiro Social é atender as necesidades das familias con
dificultades para o pago do alugueiro, establecendo a orde de convocatoria para
2017 que están dirixidas aos seguintes colectivos:
a)Aquelas
que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda,
por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron a
interposición pola persoa arrendadora, dunha demanda de desafiuzamento por non
pagamento das rendas ou por unha resolución xudicial de terminación dun
procedemento da mesma natureza.
b)As
vítimas de violencia de xénero con dificultades para asumir o custo do
arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude, se atopen residindo
nun recurso de acollida dos integrados na rede galega de acollemento para este
colectivo e adscritos a unha administración pública.
c)Aquelas
unidades de convivencia con dificultades para asumir o custo do arrendamento
dunha vivenda e que foran privados da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta,
derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios,
inundacións, etc.
No caso
de desafiuzamento por impago do alugueiro o contrato de arrendamento que
motivou o procedemento deberá ter unha duración non inferior a 12 meses.
O prazo para a presentación de solicitudes
comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG e
rematará cando se esgote a partida orzamentaria contida nesta convocatoria e,
en todo caso, o día 20 de novembro de 2017.
Para
solicitar as subvencións ou para máis información, poden pasar pola oficina da
vivenda ubicada no edificio da antiga cárcere ou chamar o teléfono 982.42 83
97.
No hay comentarios:
Publicar un comentario