O
Concello de Quiroga co gallo da celebración do Entroido ten organizado para o
domingo día 26 de febreiro, un concurso de disfraces para comparsas e
participantes individuais.
Neste desfile no que poden participar
todas as comparsas que o desexen tanto deste Concello coma doutros, integradas
por dez membros como mínimo e disfraces individuais.
Os premios establecidos son un primeiro premio
de 500,00 €, un segundo premio de 300,00 € e un terceiro premio de 150,00 €.
Ademais cada comparsa participante recibirá
60€ e no caso de disfraces individuais establéceuse un único premio de 60,00 €.
O Xurado estará integrado por un membro de
cada comparsa participante que despois de asistir ao desfile valorará a cada
comparsa menos á que representa. Valorarase especialmente a orixinalidade dos
disfraces, a coreografía e a escenografía.
Dende
a comisión organizadora lembran que para poder participar neste Concurso de
Comparasas, hai que cumprir ditas bases.
A saída do desfile terá lugar dende a Rúa
das Piscinas, o domingo día 26 ás cinco da tarde, continuando pola Rúa Real ata
a Casa da Cultura.
A entrega de premios terá lugar diante do
Concello, no baile de disfraces amenizado polos grupos de gaitas locais Os do Recanto e os Palletas, que serán os
encargados de rematar a festa cunha gran alborada polos bares da vila.
Tamén dentro do Entroido se organizou
para o luns día 27, festa local na vila, unha Festa Infantil, na Discoteca
YOYA, a partir das cinco da tarde.
E desde o Centro Social tamén se organizou
unha actividade para conmemorar estas datas,será o martes día 28, a partir das
seis, xornada de degustación de postres típicos do Entroido e sangría para
todos os socios e deseguido baile de disfraces.
No hay comentarios:
Publicar un comentario