O Concello de Quiroga, a través da Área de
Xuventude vai desenvolver un novo Curso
de Monitor de Tempo Libre, nos meses
de febreiro, marzo, abril e maio que
está dirixido a persoas maiores de dezaoito anos que deberán ter o graduado en
ESO ou similar.
O
curso que terá unha duración de 200 horas lectivas presenciais, desenvolverase na Casa da Cultura, en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 os fins de
semana, dende o día 11 de febreiro ao 7 de maio. De estas
horas os alumnos poderan ausentarse un máximo de 20% (40 h).
Para
adquirir o título de Monitor de Tempo Libre, ademáis desta formación teórica
homologada pola Xunta de Galicia; o alumno/a realizará unha fase práctica de
150 horas que a empresa encargada de impartir o curso, Escola Rural de Tempo
Libre, lles facilitará igual que a
inclusión na bolsa de traballo.
O
curso ten un custo de 215€, que no caso dos alumnos/as empadroados no Concello
de Quiroga será de 110€, por asumir o resto do gasto o propio Concello
fomentado deste xeito a formación entre os seus habitantes.
Os
interesados deberán anotarse na Casa na da Cultura canto antes, por ser as prazas limitadas que se cubrirán por orden
de inscrición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario