O Concello de Quiroga, dende a Área de Xuventude, con ánimo de contribuir á
formación dos mozos e mozas do municipio, ofrece un programa de axudas para
sufragar gastos de transporte aos
estudantes universitarios e de formación profesional que por mor dos seus
estudos teñan que desprazarse a outros lugares.
A esta finalidade o Concello destina un total de CINCO MIL EUROS (5000
€), a repartir entre as solicitudes aceptadas.
As bases que rexen esta convocatoria están
expostas no taboleiro de anuncios do Concello de Quiroga e a disposición dos interesados na Casa da
Cultura.
Para
poder ser beneficiario destas axudas os xoves
han de cumprir unha serie de requisitos tales como estar empradroados no noso concello, ter
entre 16 e 30 anos, non ter ingresos, etc.
O prazo de presentación de solicitudes xa está aberto e rematará o 3 de
marzo, debendo entregar as solicitudes na Casa da Cultura, onde tamén poden
recoller o modelo oficial de solicitude e recabar máis información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario