O Concello de Quiroga ven de editar o folleto da presentación
da programación cultural para os vindeiros meses . As actividades que recolle o
boletín son as
alternativas que o Concello de Quiroga oferta aos veciños e veciñas de Quiroga para o tempo de ocio e lecer froito da
coordinación entre os distintos departamentos municipais encargados cada un
deles dun sector de poboación: muller, xuventude, infancia, terceira idade, etc
Actividades formativas en distintas disciplinas: cursos de informática,
clases de teatro, cursos de traballos manuais e restauración , de tecido
tradicional, de traballos en coiro que se desenvolverán no do Museo Etnográfico, clases de música, clases
de pintura, obradoiros de cociña creativa,
Dende a Área de Benestar
Social destacar o Curso de Estimulación
Cognitiva e o Curso de preparación para
Graduado en ESO e Competencias Clave que se imparten ao longo destes meses.
A Área de Deportes presenta
un amplo abano de posibilidades para todos os quirogueses entre os meses de febreiro e
xuño. Cabe salientar no eido deportivo
a Carreira Popular “ Feira do Viño”, a III Rede Boi-Marcha cicloturista , a participación do
Quiroga FC e do FSF Quiroga en distintas competicións ou as Escolas Deportivas
Municipais que desenvolven a súa actividade ao longo de toda a semana.
Dende a Área de
Educación e infancia destacar o funcionamento da Ludoteca Infantil os martes e
xoves, a organización da festa infantil
de disfraces,así como unha nova edición do obradoiros Minchef-quiroga
Os certames de
exaltación de produtos da comarca, como poden ser a 35 edición da Feira do Viño de Quiroga os días 15 e 16 de abril; a 17 Mostra do Aceite e a "VI Edición Quiroga de Tapas."
Actos de conmemoración para a celebración de datas sinaladas no
calendario ao longo do ano. Así,dende a a Área de Igualdade, están a organizar os actos para conmemorar o
Día Internacional da Muller ,o 8 de
marzo.Así como tamén haberá lugar destacado para as nosas letras o 17 de maio.
Realización dunha
xeoruta e dunha xornada de arqueoloxía que inclúen visitas ao Museo Xeolóxico e
a o Museo etnográfico respectivamente.
No caso da xornada de xeoloxía,
realizarase ademáis a ruta de
sendeirismo a carón do Pregamento Xeolóxico Leixazós-Campodola.
Concursos literatios,
exposicións, actividades de animación social,
concertos, excursións etc . Todo
isto conformará a programación dos meses
de febreiro, marzo, abril, maio e xuño
da que puntualmente cada departamento dará cumprida información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario