Gran acollida a que tivo na igrexa San
Martiño de Quiroga o novo párroco Don José
Ramón Pérez García , que dende onte estará o servizo dos
ferigreses pertencentes as parroquias de San Martiño de Quiroga, San Lourenzo do Nocedo, San Clodio e Ribas de Sil , Santiago de Augasmestas, Santa Mariña de Barxa de Lor, Santa María de
Cereixido, Nosa Señora das Neves de
Nogueira, San Marcos de Paradaseca, San Cristobo de Piñeira, Santa Lucía de Rairos, Santa María de Sequeiros, Santiago de Soutordei, Santa María de Torbeo, e San Lourenzo de
Vilarmel.
O novo
párroco estrenábase na igrexa de San Clodio as doce do mediodía, e a unha da
tarde faríao en Quiroga ante unha repleta igrexa de San Martiño, que estaba
chea de ferigreses desta e doutras parroquias que quixeron darlle a benvida o
novo cura.
Don Ramón, que
estaba acompañado por Don Manuel Cardenal e por Don Jesús Río, dedicoulles
unhas palabras a todas as persoas que ían a presenciar a súa primeira eucaristía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario